13/6/25

Paseo sensorial na finca das Torres: colofón aos grupos de Tertulias Literarias da Biblioteca de Santa Cruz desta tempada

Paseo sensorial na finca das Torres: colofón aos grupos de tertulias literarias da Biblioteca de Santa Cruz desta tempada
Paseo sensorial na finca das Torres: colofón aos grupos de Tertulias Literarias da Biblioteca de Santa Cruz desta tempadaO xoves 12 de xuño, ás 17:30, na finca das Torres de Santa Cruz, realizamos unha actividade que puxo fin ao curso 2024-2025 dos tres grupos de tertulias da Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz).

Levou por nome Paseo Sensorial. Durante todo curso, o sentido que se traballou foi o da vista, a través da lectura. Ás veces, os outros sentidos quedan anulados, por iso, a través desta actividade, quixemos potenciar os outros:
O tacto e o olfacto: tocamos as árbores cos ollos pechados e ulimos a súa fragrancia para despois intentar identificalo coa vista. Cada persoa foi acompañada por 2 compañeiras-os para evitar caídas. 
O oído: tamén co sentido da vista inutilizado, permanecimos en silencio para escoitar paxaros a ver se somos quen de adiviñar de que ave se trata ou se se escoitan chíos distintos. Para isto botamos man dunha aplicación para facelo máis doado. 
Paseo sensorial na finca das Torres: colofón aos grupos de Tertulias Literarias da Biblioteca de Santa Cruz desta tempadaDespois agudizamos o intelecto cun xogo:
Repartimos unhas plantillas cos títulos de lecturas compartidas polos 3 grupos. Escoitamos atentamente poemas que se leron durante as sesións deses libros e tivemos que acertar a cal pertence.
Para que cada quen exprese as sensacións producidas durante o paseo de forma íntima, animamos ás-aos participantes a realizar un haiku previa explicación da súa técnica.
Paseo sensorial na finca das Torres: colofón aos grupos de Tertulias Literarias da Biblioteca de Santa Cruz desta tempadaFinalizamos o paseo coa lectura dun texto sobre a importancia da literatura e de ler.
Rematada esta experiencia, pasamos á casa da Gardesa para poñer a traballar o sentido do gusto e aproveitamos o momento para entregar as pezas de barro que se fixemos no obradoiro “Arte para os teus libros” o 22 de maio.

Moitas grazas pola vosa participación e entrega nesta xornada que puxo a rama de loureiro da xeira de tertulias do mellor xeito posible: con todos os sentidos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario