30/5/25

Recomendacións en Radioleiros: 30 maio 2025

"La sociedad de los dragones de Té" de Katie O'Neill
Recomendacións en Radioleiros: 30 maio 2025- Infantil:
"La sociedad de los dragones de Té" de Katie O'Neill. Editado por Brúfalo Lector e La Cúpula.
Este cómic conta unha historia de fantasía cotiá repleta de amor e tenrura. O relato segue a Greta, unha moza aprendiz de ferreira que un día rescata a un pequeno e curioso ser: un dragón de té. A través do dragón, Greta coñece a Hesekiel e Erik, unha parella que coida destes seres e forma parte dunha antiga e case esquecida tradición: a Sociedade dos Dragóns de Té.

"El maestro y Margarita" de Mijaíl Bulgákov
- Mocidade e público adulto:
"El maestro y Margarita" de Mijaíl Bulgákov. En Alianza.
Dispoñible en eBiblio
"El maestro y Margarita" é unha das novelas máis enigmáticas e poderosas do século XX. Ambientada na Moscova dos anos 30, en pleno réxime estalinista, a obra combina sátira política, fantasía sobrenatural e reflexión filosófica cunha estrutura narrativa complexa e orixinal. A historia comeza coa chegada dun estraño personaxe á capital soviética: Woland, unha encarnación do diaño. Acompañado do seu grotesco séquito, Woland desata o caos entre a elite cultural e política de Moscova, expoñendo a súa hipocrisía, covardía e corrupción.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario