21/3/25

Recomendacións en Radioleiros: 21 marzo 2025

- Infantil (a partir de 3 anos):

Más allá del mar
, de Tarō Gomi.
Niño.

O neno deste conto está só nunha praia e pregúntase que hai máis aló do mar.
A curiosidade máis pura do neno lévanos a pensar no descoñecido e no diferente.


Unha pequena obra de arte que combina textos sinxelos cunhas coloridas e expresivas ilustracións que o ocupan todo.

- Mocidade e persoas adultas:

A ferida imaxinaria, de Berta Dávila.
Xerais.

Versión dixital en Galiciale.

Falta pouco tempo para que se produza unha eclipse solar total e todo o mundo está moi pendente deste extraordinario fenómeno agás as protagonistas da novela, dúas parellas de irmás distanciadas que están mergulladas na súa propia escuridade.

Novela  breve, escrita cunha gran sutileza narrativa, que invita á reflexión sobre os vínculos afectivos, as identidades, as feridas da existencia e a busca de consolo.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario