26/4/24

Recomendacións en Radioleiros: 26 abril 2024

Recomendacións en Radioleiros: 26 abril 2024
- Xuvenil:
"Estrelas galegas da ciencia: unha historia de persoeiros e de achados asombrosos" de Maite Vence, Manuel Vicente e Andrea Burés; ilustracións de Clara Cerviño"Estrelas galegas da ciencia: unha historia de persoeiros e de achados asombrosos" de Maite Vence, Manuel Vicente e Andrea Burés; ilustracións de Clara Cerviño. En Hércules.
Unha historia de persoeiros e achados asombrosos que recolle a historia da ciencia en Galicia, así como tamén as figuras destas-es investigadoras-es nun periodo que vai do século XVII ata o XX. Froito do seu traballo agora pódese vivir nun mundo mellor no que se atopan respostas a moitas cuestións científicas.

"El abismo del olvido" de Paco Roca e Rodrigo Terrasa- Mocidade e persoas adultas:
"El abismo del olvido" de Paco Roca e Rodrigo Terrasa. Editado por Astiberri.
Durante trescentas páxinas o autor narra de forma gráfica a historia real da loita de Pepica Celda para recuperar os restos do seu pai, José Celda, fusilado un ano despois de rematada a guerra civil no Terrer, un campo de tiro próximo á tapia do cemiterio de Paterna, en Valencia, onde foi enterrado nunha fosa común, xunto a outras 143 vítimas da represión franquista. Unha historia de honestidade que reflicte a de moitas outras vítimas e familiares que buscan pechar un episodio terrible de nosa propia historia dando sepultura aos seus seres queridos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario