26/1/24

Recomendacións en Radioleiros: 26 xaneiro 2024

- Infantil (crianzas a partir de 6 anos):

Nuna sabe leer la mente, de Orit Gidali
Birabiro

A Nuna non lle gustou que no cole outro neno lle diga que ten pernas de flamenco. Por sorte, a súa mamá ten a solución: unhas lentes máxicas. A través delas, Nuna descobre que ás veces, as persoas non din o que pensan. Un conto divertido que nos anima a intentar resolver os conflitos cotiáns indo máis aló das simples aparencias e palabras.
 
- Mocidade e persoas adultas:

En la boca del lobo, de Elvira Lindo
Seix Barral

Versión dixital e Audiolibro en eBiblio

Julieta e a súa nai Guillermina chegan a pasar o verán en La Sabina. Dalí saíu Guillermina sendo moi nova, con apenas quince anos e agora volve para facerse cargo dunha pequena casa familiar que o seu único tío lle deixou en herdanza. Nese pobo da España baleirada, os segredos que esconden ambas sairán á luz, descubriremos como ás veces a infancia é demasiado vulnerable e que os lobos feroces de carne e óso están a axexar non só nos bosques.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario