9/10/23

Presentación do poemario "Territorio baleiro" de Ana López: 19 de outubro 2023

Presentación do poemario "Territorio baleiro" de Ana López: 19 de outubro 2023
Día: xoves 19 de outubro
Hora: 19:00 h.
Lugar: Teatro As Torres (Santa Cruz)
Intervirán: a autora, Ana López e a poeta Olga Patiño

"Territorio baleiro" é un poemario que pretende interpretar os acontecementos que nos rodean desde os sentimentos; testemuñas e vítimas, causas e efectos, expedicionarios á procura de respostas que caen a maioría das veces nunha rede de elucubracións absurdas.
Segundo a autora, este libro é un sinxelo esforzo por perforar un tempo consagrado a construír sistemas de deshumanización planetaria que deixan en pé de desigualdade á natureza, e por ende ao ser humano fronte ao denominador común dunha mal chamada “utilidade”.
Ana López dedicouse ao ensino, primeiro como mestra e despois como profesora de Lingua Galega. Nestas dúas etapas, a poesía sempre tivo un lugar importante dentro da aula, considéraa un instrumento pedagóxico valiosísimo para educar a sensibilidade.
Ao xubilarse integrouse, durante algún tempo, no grupo de poesía Diversos da Coruña. 
Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario