Nas Bibliotecas Municipais de Oleiros temos exposicións, como a da Biblioteca Central Rialeda (Perillo), con libros adicados a todo o necesario para gozar o Entroido: confección de disfraces, máscaras; platos típicos desta época do ano, festas emblemáticas do Entroido galego, etc.
A mostra bibliográfica da Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz), “A cociña galega de Entroido”,
céntrase nos valores gastronómicos do noso Entroido: se por algo é
coñecido é polos seus platos típicos: laconadas,
botelos, filloas, orellas… cobran un valor especial e se converten en
grandes protagonistas desta festa de festas.
Na Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera) podes visitar a mostra bibliográfica "Tempo de filloas e orellas" de libros do Entroido salientando os doces típicos desta festa. Na Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda) a mostra "Peliqueiros e cigarróns" é unha escolla de contos, música, libros de disfraces e receitas entroideiras. Poderás poñer a proba o teu enxeño cos pasatempos de Entroido e colorear a túa propia máscara.
Na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé) tes a mostra "Entroido na biblioteca", na Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós) a expo de libros infantís "Moitos disfraces polo Entroido" e na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros) podes contemplar a escolla bibliográfica “Viva o Entroido!!!” sobre as orixes e principais características desta festividade que inclúe saborosas receitas. En todas elas poderás recortar e colorear antefaces impresos en cartolina.
Clica na ligazón para ver as exposicións de recursos sobre o Entroido en Bibloleiros!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario