13/1/23

Recomendacións en Radioleiros: 13 xaneiro 2023

- Infantil (a partir de 6 anos):

A crebeira Marabillas, de Olaia Sendón
Xerais

Marabillas é crebeira. Unha crebeira apaña as cousas que o mar trae á praia. Ás veces o mar trae tesouros, por iso ser crebeira é tan fabuloso...

- Mozas/os e adultas/os:


Los ingratos
, de Pedro Simón
Espasa

Versión dixital en eBiblio
Audiolibro en eBiblio

Nos anos 70, a un pobo da España que comeza a baleirarse, chega a nova mestra coa súa familia.
A señorita Mercedes vese na necesidade de contratar a Emérita para coidar  dos seus fillos, dúas nenas e o pequeno David. Coa súa xenerosidade e entrega Emérita vai cambiar a vida desta familia e moi especialmente a de David co que ten unha relación moi especial.


Novela emotiva e tenra que nos invita a reflexionar sobre o que somos e todo o que temos por detrás e o agradecemento a quenes nos quixeron e nos acompañaron ata aquí sen pedir nada a cambio.

Premio Primavera de Novela 2021

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario