"Una caja" de Rodrigo Mattioli. En Apila.
Alina agarda ilusionada que chegue a súa nova bicicleta. Por iso cando soa o timbre sae disparada. Pero a caixa que trae o repartidor non contén o que ela espera...
Un conto sobre o poder da imaxinación.
- Mozas-os e adultas-os:
"As malas mulleres" de Marilar Aleixandre. Editado por Galaxia.
Novela escrita contra a desmemoria, para recuperar a memoria das reclusas no cárcere da Galera, d'A Coruña, en 1863. Unha atención ás excluídas onde Concepción Arenal, visitadora de prisións, e Juana de Vega, traballando a prol da dignificación das persoas, foron pioneiras.
Asemade é un canto ao papel dos libros e a lectura que axuda a mellorar a vida das persoas, en dar esperanza ás desesperanzadas.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario