1/4/22

Actividades de Bibloleiros para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil (2 de abril)

- Na  Biblioteca Central Rialeda (Perillo):
O lema que propón este ano o IBBY para celebrar a data do 2 de abril é "As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día" e queremos propoñerche un feixe delas. Temos para ti a expo "22 pares de ás": 22 libros, once de autoras-es premiadas-os con este importante galardón e outros tantos de ilustradoras-es recoñecidas-os cos premios que veñen a ser os Nobel da literatura infantil. Entre elas-es están as galardonadas neste 2022, a autora Marie-Aude Murail e a ilustradora Suzy Lee. Clica nesta ligazón e descubre a nosa escolma!
 
Imos celebrar o Día Internacional do Libro Infantil dun xeito moi especial. Convidamos ás-aos nosas-os usuarias-os infantís a xogar cos personaxes dos contos de Andersen no noso Mural interactivo "Érase unha vez Andersen". A biblioteca proporcionará recortables cos personaxes de Andersen para colocar no mural.
Ademáis teremos unha mostra bibliográfca dos seus libros: “A sereiña”, “O traxe novo do emperador”, “O patiño feo”, “A vendedora de mistos"...
 
-  Na Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera):
Exposición titulada "Delicatessen": mostra que recolle libros pop-ups, edicións coidadas e albúms ilustrados. Libros para mirar pausadamente e gozar da súa beleza. Haberá tamén un marcapáxinas para colorear.
 
Mostra bibliográfica “Libros, cámara, acción!”, unha selección de libros infantís e xuvenís coa súa adaptación ao cine. Teremos marcapáxinas para que pinten as crianzas.
 
- Na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros):
Do 1 ao 13 de abril: mostra bibliográfica das obras de Hans Christian Andersen e das súas posteriores adaptacións dispoñibles na biblioteca. Contaremos coa actividade “Teño moito conto”: a biblioteca proporcionará un libriño a cada nena-o coas follas en branco para que escriba ou debuxe nel a súa historia. Con todos os libriños faremos unha exposición.
 
Celebrarémolo cunha exposición bibliográfica e un mural no que participarán as nenas-os e o “libro sorpresa” no que se envolverá un conto e un marcapáxinas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario