23/3/22

100 de Ulises e 140 de Joyce en Rialeda

2022 é o ano do centenario da publicación do "Ulises" e o 140 aniversario do nacemento do seu creador, James Joyce. O autor comezou a composición desta novela en 1906, en Roma, a onde chegou por asuntos laborais. A revista americana Little Review comezou a publicala por entregas en 1918. Margaret Anderson e Jane Heap, as súas propietarias, tiveron que acudir a un impresor de orixe serbia que case non entendía inglés para facer a tirada. A Sociedade para a Supresión do Vicio de Nova York considerou o material inmoral e pornográfico e detivo a publicación en 1920. Antes diso, algunhas entregas xa foran confiscadas e queimadas. As editoras foran condenadas a pagar unha multa de 50 dólares cada unha e a libreira norteamericana Sylvia Beach editou a obra en París en 1922 cunha parecida estrataxema: un impresor que non entendía inglés, neste caso de Dijon. En Estados Unidos o veto non se levantaría ata 1933.
Convidamos a ler/reler a azarosa novela de Joyce e as outras obras literarias así como as adaptacións cinematográficas que temos do autor irlandés na expo que lle adicamos na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

Ligazón de interese: "Dédalus en Compostela" de Vicente Risco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario