22/10/21

Recomendacións en Radioleiros: 22 outubro 2021

- Infantil (a partir de 6 anos):

Rapunzel con piollos, de El Hematocrítico. Ilustrado por Mar Villar
Xerais, 2019  

Este divertido conto protagonizado por Rapunzel non é para nada un conto clásico. A historia comeza cunha conversa entre a princesa e o seu pai na que a rapaza amosa o seu malestar por ter que levar o pelo tan longo, pero o rei insiste en que é algo totalmente necesario para poder fuxir en caso de secuestro. De súpeto, salta unha alarma no castelo, un perigo inminente ameaza á princesa. Ninguén se atreve a pronunciar o seu nome pero a realidade é que o castelo está sendo asaltado por... piollos!!

- Mozas/os e adultas/os:       

Nuestros inesperados hermanos, de Amin Maalouf
Alianza Editorial, 2020

Esta historia fala dunha realidade moi posible, sobre todo despois de ter vivido algo tan inesperado como unha pandemia mundial. Resulta que un día o planeta se queda a escuras porque un apagón súbito elimina todas as comunicacións. Que pasou? Un cataclismo, un conflito nuclear, un atentado a gran escala? Que ocurriu nas illas cercanas, na costa, no resto do país e no planeta? Non hai internet, nin televisión, nin radio. Absolutamente nada. Unha sociedade que trancorre paralela a nós e moito máis avanzada poñerá todo o coñecido ata o de agora do revés.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario