23/4/20

Ler ábrenos as portas do mundo agora que non podemos abrir a porta da nosa casa! Feliz Día do Libro #EuQuedoNaCasa

https://youtu.be/uRBfV8aTLAw
"Ler ábrenos as portas do mundo agora que non podemos abrir a porta da nosa casa". "Ler permítenos imaxinar, sorrir, compartir... cambiar a nosa mirada e acadar unha nova mirada moito máis libre". Estas son algunhas das fermosas reflexións, que sobre o libro, queren compartir as participantes nas Tertulias Literarias da Biblioteca Central Rialeda (Perillo) no vídeo que realizaron expresamente para celebrar o Día do Libro. Nel comparten connosco o fragmento dun libro que é unha extraordinaria suxestión de lectura. Queremos agradecer a todas elas a elaboración deste vídeo así como a súa participación nas Tertulias Literarias de Bibloleiros! Moitas grazas por facer biblioteca!
Por orde de aparición, Charo comparte "En una selva oscura" de Nicole Krauss (dispoñible en eBiblio). Rachi, "Instrumental" de James Rhodes. Digna, "El libro de los abrazos" de Eduardo Galeano. Mª Luz, "Yo, Gaudí" de Xavier Güell (dispoñible en eBiblio). Nina, "También esto pasará" de Milena Busquets. Chelo, "El verano de mi vida" de Maryann McFadden. Pilar, "Epidemia" de Frank G. Slaughter. Rose, "La isla de las mujeres del mar" de Lisa See (dispoñible en eBiblio). Fina, "Siempre es ahora" de Alicia Pérez-Hervada. Mila, "En las orillas del Sar" de Rosalía de Castro (dispoñible en eBiblio). Pura, "Cuadernos de todo" de Carmen Martín Gaite.  
Feliz Día do Libro 2020 a todas-os as-os nosas-os lectoras-es e usuarias-os!

No hay comentarios:

Publicar un comentario