13/3/20

AVISO IMPORTANTE: Peche ao público das Bibliotecas Municipais de 14 a 31 de marzo

MEDIDAS DE MINIMIZACIÓN DO RISCO DE CONTAXIO DO CORONAVIRUS COVID-19

Segundo a comunicación do Concello de Oleiros de data 13 de marzo, procédese ao peche ao público das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros desde o día 14 ata o 31 de marzo, ambos inclusive.

A ampliación e/ou modificación deste peche estará en función da evolución da actual situación sanitaria e dos acordos do comité de seguimento da evolución do COVID-19.


INDICACIÓNS DAS BIBLIOTECAS:

O persoal atenderá o teléfono e o correo electrónico nos horarios das respectivas bibliotecas.

As actividades programadas durante este período quedan temporalmente suspendidas, aprazando a celebración das mesmas sempre que sexa posible.

O servizo de renovación de documentos poderá facerse a través do teléfono e o correo electrónico no horario das respectivas bibliotecas, así como a través de internet coas claves de acceso do catálogo en liña catalogo-rbgalicia.xunta.gal

A devolución e a reserva de documentos quedarán pospostas ata a reapertura dos centros. De todas formas, excepcionalmente non se aplicarán sancións por retrasos na devolución.

Lembramos que as persoas socias das Bibliotecas Municipais de Oleiros poden acceder gratuitamente a GaliciaLe, a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. En GaliciaLe as-os lectoras-es atoparán dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.

Para calquera dúbida ou aclaración pode dirixirse por correo electrónico ou teléfono á biblioteca correspondente no horario establecido.

Teléfono da Biblioteca Central Rialeda: 981 639 511
Correo electrónico da Biblioteca Central Rialeda: biblioteca.rialeda@oleiros.org

PREGAMOS DESCULPEN AS MOLESTIAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario