18/11/19

20 novembro 2019: Ana Pillado Vega presenta "En efecto bolboreta" na Biblioteca Rialeda


http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-30931.pdfBiblioteca Central Rialeda (2º andar)
19 h. Entrada libre

Presentación a cargo da poeta Pilar Pallarés (Premio Nacional de Poesía 2019 do Ministerio de Cultura) e da propia autora Ana Pillado Vega, acompañadas da interpretación musical de María Giménez, do grupo Manseliña, que interpretará cancións da serea Atlántida, unha das protagonistas da novela.

En efecto bolboreta, publicada pola editorial Fervenza, é unha fábula de xénero fantástico dirixida a mozas/os e adultas/os, que recolle a crónica da Revolución da Bicharada.

A Gran Irmandade Lepidóptera, o colectivo de xoaniñas agricultoras biodinámicas, as 'Skornagirls' (vacalouras ciberpunks activistas da guerrilla da comunicación), a Rede Arácnida Galega, unidas ás fadas, mouras, meigas e figuras lendarias, como a raíña Lupa, inician unha revolta a prol de salvagardar o Medio Ambiente e deter a deriva de desastres ecolóxicos que conducen ao biocidio.

En efecto bolboreta pretende contribuír á creación dun imaxinario que, fronte ás múltiples visións apocalípticas e distópicas do futuro, presente a posibilidade de horizontes máis esperanzadores e mesmo eutópicos, desde unha perspectiva ecofeminista.

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir a gozar cos textos e a música.

No hay comentarios:

Publicar un comentario