17/8/18

Recomendacións en Radioleiros: 17 agosto 2018

https://www.ivoox.com/28742966
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1410877- Infantil-xuvenil (nenas-os a partir de 10 anos):
"Pioneiras" de Anair Rodríguez; ilustracións Nuria Díaz. Editado por Xerais.
Unha escolma de doce sinxelas biografías de mulleres galegas que abriron camiño, rompendo as barreiras que lles viñan impostas polo seu xénero: a primeira escritora, a primeira almiranta ou a primeira voda entre mulleres son algunhas delas. Un xeito de visibilizalas entre o público infantil e xuvenil, que demostra que os estereotipos de xénero non poden limitar as expectativas das nenas cara ao futuro.
 

- Mozas-os e adultas-os:
"Apegos feroces" de Vivian Gornick. En Sexto piso.
A narración máis honesta, humana e sen filtros dunha relación nai-filla, a da autora coa súa nai
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=kw&q=&idx=ti&q=apegos+feroces&idx=kw&q=&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=OLE&sort_by=relevance&do=Busqueda. Escrita de forma precisa e preciosa, condúcenos polas rúas de Manhattan desde o presente ata un pasado cheo de mulleres que marcan vidas.
O que fai diferente esta novela é a forma de expresar a forza desa relación, tan brutal que é imposible non sentirse nomeada.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario