8/6/18

Recomendacións en Radioleiros: 8 de xuño 2018

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1232673https://youtu.be/nxTOMPqtYaw- Infantil (menos de 6 anos):
Periplo atlántico: unha versión moi libre de “O negriño Panchito” de Alfonso R. Castelao, de Enrique Mauricio e Carlos Taboada
Lela

Na versión orixinal de Castelao un home rico chega das Américas traendo consigo, coma se fora unha mona ou un papagaio, a un “negrito cubano” chamado Panchito. Na versión infantil Panchito é un pingüín que aparece dentro dunha cesta que navegaba á deriva pola ría de Pontevedra.

Na aldea medra feliz xogando cos rapaces, lendo, bailando e tocando a gaita nas romarías. Pero un día decátase de que é un pingüín e que todos os da súa especie viven no Polo Sur. Así que decide marchar para aló colándose de polisón nun barco que se dirixía a Antártida.


Un conto no que se amosa ese sentimento de saudade de tantos homes e mulleres que foron vítimas de ese periplo chamado emigración.

- Mozas/os e adultas/os:

De noche, bajo el puente de piedra, de Leo Perutz
Asteroide

Narra a historia de Rodolfo II ou Rodolfo de Bohemia, un emperador acosado polas débedas por mor da súa debilidade polas obras de arte. Protector de astrólogos, nigromantes, alquimistas e secretamente namorado dunha muller casada.

Unha fermosa fábula conta a unión dos amantes que se citaban a través dos soños, de noite, baixo a ponte de pedra que atravesa a brisa do río. A maxia da historia só se poderá percibir chegando ao final do relato pois será o último capítulo o que nos faga comprender o primeiro.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario