O escritor donostiarra Fernando Aramburu foi galardonado co Premio Nacional de Narrativa 2017 pola súa novela "Patria". O xurado destacou "a profundidade psicolóxica dos personaxes, a tensión narrativa e a integración dos puntos de vista, así como a vontade de escribir unha novela global sobre uns anos convulsos no País Vasco".
O premio, concedido polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte está dotado con 20.000 euros e distingue a obra dun autor español escrita en calquera das linguas oficiais editadas en España durante 2016.
A novela foi un éxito de crítica e público nada máis saír do prelo. En catro meses colocouse no número 10 da lista de libros máis vendidos de 2016. En 2017 obtivo tamén o Premio da Crítica e o premio Francisco Umbral ao Libro do Ano. O pasado setembro a plataforma HBO anunciou que o seu primeiro proxecto en España sería a adaptación da novela de Aramburu.

Esta obra é a décima novela do autor nacido en Donosti en 1959, licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidad de Zaragoza e residente desde 1985 en Alemaña, onde imparte clases de español.
A súa primeira novela, "Fuegos con limón", publicouna en 1996. Seguiron "Los ojos vacíos" (2000), "El trompetista del Utopía" (2003), adaptada ao cine por Félix Viscarret co título
"Bajo las estrellas"; "Bami sin sombra" (2005), "Viaje con Clara por Alemania" (2010), "Años lentos" (2012), polo que obtivo o Premio Tusquets, "La Gran Marivián" (2013), "Ávidas pretensiones" (2014), galardoado co Premio Biblioteca Breve; "Las letras entornadas" (2015) e finalmente, "Patria".
A súa primeira novela, "Fuegos con limón", publicouna en 1996. Seguiron "Los ojos vacíos" (2000), "El trompetista del Utopía" (2003), adaptada ao cine por Félix Viscarret co título

Publicou tamén varias coleccións de relatos como "Los peces de la amargura" (2006), sobre as vítimas de ETA. Ten catro libros infantís.
A novela "Patria" foi protagonista nas Recomendacións en Radioleiros de 31/03/2017 e a súa lectura suxerida na guía de verán 2017 "Raiola de lecturas".
Convidamos a visitar as expos biliográficas adicadas a Fernando Aramburu en Bibloleiros e levar as súas obras en préstamo.
PARABÉNS, FERNANDO!!!
Info obtida en huffingtonpost.es
Convidamos a visitar as expos biliográficas adicadas a Fernando Aramburu en Bibloleiros e levar as súas obras en préstamo.
PARABÉNS, FERNANDO!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario