25/9/17

Tertulias Literarias en Rialeda e Santa Cruz: inscrición a partir do mércores 27 de setembro


http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122549&name=DLFE-16219.pdf BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA

O prazo de inscrición para as Tertulias literarias na Biblioteca Central Rialeda ábrese o mércores 27 de setembro ás 8,15 h.*

A inscrición poderá facerse dos seguintes xeitos:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros.
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca (luns a venres de 8,15 a 21,15 h.).

40 prazas por orde de inscrición. As 20 primeiras solicitudes constituirán o grupo A e as 20 restantes o grupo B.

As persoas que queden sen praza entrarán a formar parte dunha lista de espera, sendo avisadas cando haxa unha vacante.


BIBLIOTECA E CENTRO DE DOCUMENTACIÓN DA MULLER "ROSALÍA DE CASTRO". SANTA CRUZ

A inscrición para as Tertulias literarias na Biblioteca de Santa Cruz ábrese o mércores 27 de setembro ás 10 h.*

A inscrición poderá facerse dos seguintes xeitos:
- Persoalmente na Biblioteca de Santa Cruz.
- Por teléfono (981 626 338) no horario da biblioteca (martes a xoves de 10 a 13,30 h.; luns a venres de 16 a 20 h.; primeiro e terceiro sábado de mes de 10 a 14 h.).

20 prazas por orde de inscrición. As persoas que queden sen praza entrarán a formar parte dunha lista de espera, sendo avisadas cando haxa unha vacante.


*Non se admitirán solicitudes previas á data sinalada.

IMPORTANTE: A inscrición en liña está dispoñible únicamente para as tertulias da Biblioteca Rialeda.

Poden inscribirse todos/as os/as maiores de 16 anos que desexen participar.

Comentaranse obras de distintos xéneros literarios, principalmente narrativa contemporánea, pero tamén se le poesía, teatro e ensaio, nun ambiente de familiaridade, procurando o lado formativo e á vez, lúdico da lectura.

O principal obxectivo é animar a ler lendo, gozar da literatura como un desenvolvemento da capacidade de creación e comunicación a través da lectura, de maneira que compartindo ideas, reflexionando sobre temas diversos poidamos enriquecernos cos diferentes puntos de vista.

As programacións inclúen obras de autoras e autores da literatura galega, española e internacional.

Datas de inicio da actividade:
- Grupo A de Rialeda: mércores 25 de outubro, das 17,30 ás 19,30 h.
- Grupo B de Rialeda: mércores 18 de outubro, das 17,30 ás 19,30 h.
- Tertulia de Santa Cruz: luns 9 de outubro, das 17,30 ás 19 h

As sesións teñen un carácter quincenal. A actividade remata no mes de xuño de 2018

No hay comentarios:

Publicar un comentario