19/4/17

O Día do Libro en Bibloleiros

http://www.un.org/es/events/bookday/
O 23 de abril conmemórase o Día do Libro, unha celebración internacional promovida pola UNESCO. Por ese motivo nas Bibliotecas Municipais de Oleiros, na semana anterior e na posterior levaranse a cabo numerosas actividades de promoción da lectura entre as que destacamos:
 

- Actividades infantís fóra de horario escolar:

BIBLIOTECA CENTRAL RIALEDA. PERILLO
Obradoiro para a inclusión social para nenas e nenos de 8 a 12 anos. Imprescindible reserva praza no 981 639511.
20 de abril, “Obradoiro de marcapáxinas” pola Asociación Participa para a Inclusión Social

Contacontos para nenas e nenos de 1 a 3 anos. Imprescindible reserva praza no 981 639511.
27 de abril, “Amodiño” por Ramiro Neira.

 

BIBLIOTECA MUNICIPAL ROSALÍA DE CASTRO. SANTA CRUZ
Contacontos para nenas e nenos de 1 a 3 anos. Imprescindible reserva praza no 981 626338.
19 de abril, “Xa chego!” por Soledad Felloza.

Contacontos para nenas e nenos a partir de 4 anos
26 de abril, “Contos para ler entre liñas” por Caxoto.

BIBLIOTECA MUNICIPAL Mª JOSÉ TRINCADO. MERA
Contacontos para nenas e nenos a partir de 4 anos
21 de abril, “Os ratiños da caixa” polo rato Fuco da compañía Trinke Trinke.

BIBLIOTECA MUNICIPAL Mª JOSÉ RUSO. DORNEDA
Obradoiros para nenas e nenos a partir dos 7 anos
24 de abril “Obradoiro de maxia” por Chrystyan Magic.
Hora de realización: 17:30 h.

BIBLIOTECA MUNICIPAL ÁNXEL FOLE. NÓS
Contacontos para nenas e nenos a partir de 4 anos
21 de abril, “Boa navegación, capitán!” por Marisa Irimia.

BIBLIOTECA MUNICIPAL MANUEL MARÍA. OLEIROS
Contacontos para nenas e nenos a partir de 4 anos
18 de abril, “Viaxe a África” pola gran Lilí Gruyère da compañía Trinke Trinke

BIBLIOTECA MUNICIPAL XOGRAR MENDIÑO. LORBÉ
Contacontos para nenas e nenos a partir de 4 anos
20 de abril, “Historias encontradas” por Pavís Pavós.

- Exposicións durante o mes de abril:
Euro Visións, novelas e películas que retratan a Europa do século XX. Biblioteca

Central Rialeda (Perillo).
 
Exposición bibliográfica con motivo do 150 aniversario do nacemento de Rubén Darío e o 200 aniversario do nacemento de José Zorrilla. Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda).
               
Exposición de obras de autores/as que recibiron o Premio Cervantes. Na Biblioteca Mª José Trincado (Mera), Biblioteca Ánxel Fole (Nós), Biblioteca Manuel María (Oleiros), Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) e Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda).

Exposición bibliográfica sobre as principais obras de Cervantes e Shakespeare dirixidas a mozos/as e adultos/as e carteis informativos sobre as datas que se conmemoran e das figuras de Cervantes e Shakespeare. Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé).

Mostra fotográfica “Os libros de Nós viaxan contigo”: recompilación de fotos dos nosos usuarios/as de todas as idades cun libro nas súas mans. Biblioteca Ánxel Fole (Nós).

- Outras actividades:
Exquisiteces: lecturas a cegas para padais esixentes. Biblioteca Central Rialeda.


E ti... que les?, os/as nosos/as usuarios/as recomendan algún libro que levaran prestado e que lles gustase especialmente. Na Biblioteca Mª José Trincado (Mera) entre os días 18 e 28 de abril e na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé), durante todo o mes.
 
O que le, vístese por dentro: recortables en forma de prendas de roupa onde os/as usuarios/as poderán recomendar un libro. Decorarán os diferentes espazos da biblioteca. Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda) e Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz).
 
Colorea os personaxes do Quixote. Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda).
 
Libros + Libros, agasallo dun libro sorpresa a os/as usuarios/as que leven libros en préstamo durante a 2º quincena de abril. Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)

- Actividades de promoción da lectura para o alumnado dos centros de ensino en horario escolar:
Contos para desafiar as tres bestas pardas, a cargo de Paula Carballeira.
O 18 de abril, ás 10:10 h. e ás 11:20 h., na Biblioteca Manuel María dirixido a alumnado de 2º de ensinanza primaria do CEIP Rabadeira de Oleiros. O 24 de abril, ás 10:30 h. e ás 12 h. na Biblioteca Rosalía de Castro dirixido a 1º e 2º de ensinanza primaria do CEIP Luís Seoane de Mera. O 26 de abril, ás 9:20 h. e 10:30 h., na Biblioteca Rialeda dirixido a 4º de ensinanza primaria do CEIP Valle-Inclán de Perillo.

Obradoiro de banda deseñada, a cargo de Manel Cráneo.
O 18 e o 27 de abril, ás 10:20 h., na Biblioteca Rialeda realizaranse estes obradoiros dirixidos a alumnado de 3º da ESO do IES Miraflores de Oleiros.

Poesía de Federico García Lorca, a cargo de Soledad Felloza.
O 19 de abril, ás 10 h., na Biblioteca Rialeda dirixido a alumnado de 3º da ESO do IES Neira Vilas de Perillo.

O rato ilustrador
, a cargo de Trinke Trinke.
O 19 de abril, ás 10:10 h., na Biblioteca Rosalía de Castro, dirixido a alumnado de 5 anos do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz.

Obradoiro de ilustración, a cargo de Manel Cráneo e Óscar Villán.
O 20 e o 25 de abril, catro sesións con Manel Cráneo, na Biblioteca Rosalía de Castro, dirixidas a alumnado de 5º e 6º de ensinanza primaria do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz. O 21 de abril, con Óscar Villán, ás 10:20 h., na Biblioteca Rialeda, dirixido a alumnado de 3º de ensinanza primaria do CEIP Juana de Vega de Nós.

Cervantes vs Shakespeare, a cargo de Caxoto.
O 21 de abril, ás 10:30 h., na Biblioteca Rosalía de Castro, dirixido a alumnado de 6º de ensinanza primaria do CEIP Luís Seoane de Mera.

Cacaracá, a cargo de Soledad Felloza.
O 20, o 21 e o 28 de abril, seis sesións na Biblioteca Rialeda e na Biblioteca Manuel María de Oleiros, dirixidas a alumnado de 3, 4 e 5 anos do CEIP Valle-Inclán de Perillo e de 3º de ensinanza primaria do CEIP Rabadeira de Oleiros.

Paxariños, a cargo do rato Fuco da compañía Trinke Trinke.
O 27 de abril, ás 10:40 h. e 11:40 h., na Biblioteca Manuel María (Oleiros), para alumnado de 3 e 4 anos do CEIP Rabadeira de Oleiros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario