10/2/17

Recomendacións en Radioleiros: 10 febreiro 2017

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1224285- Infantil (de 0 a 3 anos):
"O xardín das Bolboretas" de Laura Weston. Editado por Engaiolarte.
As andanzas da Bolboreta Monarca lévannos de paseo pola natureza nun ir e vir que supón unha marabillosa viaxe. Un libro despregábel recomendado para as-os máis pequenas-os e tamén para as-os que non o son, constituíndo unha aposta estética e táctil de primeiro nivel.

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1234151- Mozas-os e adultas-os:
"Los palimpsestos" de Aleksandra Lun. En Minúscula.
A polaca A. Lun escribiu en español o seu primeiro libro que supón unha mestura de humor e realismo arredor do mundo das-os escritoras-es. Partindo dun psiquiátrico belga administrado por unha doutora, vemos como pacientes do mesmo a Nabokov, Ionesco, Kristof e outras-os que forman unha paisaxe que nos regalará moi bos momentos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario