 Teatro As Torres de Santa Cruz
Teatro As Torres de Santa Cruz
Ás 10,50 h.
Dirixida a alumnado de 4º ESO e 1º bacharelato
Mercedes Queixas,
  escritora e profesora de lingua e literatura galega no ensino 
secundario, explicará os aspectos biográficos máis significativos de Manuel María, o autor ao que este ano se lle dedicou o Día das letras Galegas, así como a importancia e características fundamentais da súa obra. 
No seu libro sobre Manuel María “Labrego con algo de poeta: biografía de Manuel María” publicado pola editorial Galaxia, a profesora segue o roteiro vital e literario do poeta destacando o seu amor aos próximos, á casa, á tribo chairega, á nación galega, ao pobo, á cultura, á literatura e á lingua galega, e explica como todo isto confluíu nunha espléndida obra literaria.
Actividade patrocinada pola editorial Galaxia.
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario