O xoves, 8 de outubro, ás 19 horas, no Teatro As Torres de Santa Cruz, organizado polas Bibliotecas Municipais do Concello de Oleiros e a editorial Kalandraka, realizarase a presentación do libro titulado “Cadros dunha exposición" e a lectura da adaptación da suite de Modest Mussorgsky.
Contarase coa intervención do autor do libro José Antonio Abad e o ilustrador Xosé Cobas, creador das ilustracións que acompañan ao texto.
Contarase coa intervención do autor do libro José Antonio Abad e o ilustrador Xosé Cobas, creador das ilustracións que acompañan ao texto.
José Antonio Abad é psicólogo e pedagogo, especialista
Ao longo da súa traxectoria ilustrou máis dun cento de libros de diversos xéneros e recibiu varias distincións: Premio FETEN ao mellor libro de teatro ilustrado (2002), Gourmand World Cookbook Awards (Estocolmo, 2004) ao mellor libro do mundo de literatura gastronómica en lingua española, Premio Isaac Díaz Pardo (2008) e Premio Xosé Neira Vilas (2014). Ademais, foi incluído en dúas ocasións na lista The White Ravens da Biblioteca Internacional de Munich.
No argumento do libro pasearemos con “Ocazul, unha gansa noviña que nun despiste abandona o grupo das súas compañeiras e entra no Museo Hermitage de San Petersburgo. Alí, ao ritmo da música de Mussorgsky (que tamén escoitaremos nesta presentación), contempla as pinturas de Hartmann. A súa curiosidade fai que os cadros alí expostos cobren vida coa súa presenza, deste xeito temos nós o privilexio de gozar co percorrido polos salóns do Museo de San Petersburgo. Os cadros toman vida, facendo desta visita unha experiencia inesquecible, a medio camiño entre a realidade e a fantasía. Un libro-disco para espertar a curiosidade artística e a imaxinación”.
Esta presentación está dirixida a nais/pais e docentes sobre como desenvolver nos nenos e nenas o afecto pola audición musical.
Segundo as propias palabras do autor José Antonio Abad «Valorar a linguaxe universal da música: “oír-escoitar-entender”. Este é o esquema sobre o que se deben traballar as manifestacións sensoriais, afectivas e mentais do neno/a, tendo en conta, sobre todo, que é entre os 5-9 anos cando se produce o espertar da sensibilidade sensorial. Con este xeito de presentar “Cadros dunha exposición”, asociando conto e música, intento vencellar a nais/pais e docentes á actividade pedagóxica da escoita e desenvolver nos nenos/as o afecto pola audición musical».
Invitamos a todas as persoas que o desexen a asistir a esta presentación!!!
Invitamos a todas as persoas que o desexen a asistir a esta presentación!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario