3/7/15

Recomendacións en Radioleiros: 3 de xullo

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=116912- Infantil (nenos-as a partir de 8 anos):
"O estrambótico Principiño", ilustracións e texto de Pinto & Chinto, en Bululú.
Fermoso álbum ilustrado no que Pinto e Chinto fan unha reinterpretación da magnífica obra clásica O Principiño de Saint Exupéry. David Pintor (Pinto) coas fermosas ilustracións e Carlos López (Chinto) coa adaptación do texto achegan este relato aos nenos e ás nenas desde unha visión actual e divertida.
Para introducir esta nova idea, ao principio fan unha aclaración na que explican que cando o transbordador espacial Ganímedes XIV regresou á Terra, os seus tripulantes relataron que chegaron a un planeta minúsculo no que vivía un rei ancián que cando era neno coñecíase por o Principiño e que os agasallou cun libro para cada un deles, cunha historia algo diferente da coñecida. Este é un deses libros.
O Principiño vivía nun planeta tan pequeno que estaba sen nome porque non lle cabía, a súa lúa nunca se poñía chea porque non tiña sitio, en vez dun sol só había medio sol e en lugar de dous polos posuía un só.
O Principiño estaba atendendo a súa rosa que se constipara e esqueceuse de limpar o seu volcán que pegou un estalido e lanzou un potente chorro de lava que provocou que o planeta se puxera a xirar sobre si mesmo a toda velocidade. Por este motivo, o Principiño marchou, montado nunha estrela fugaz, en busca de axuda. Atopouse co rei dos fracasados, co vaidoso, co home que anotaba números, co faroleiro, ata que chegou á Terra...
Unha boa e divertida obra e cunhas marabillosas ilustracións que farán as ledicias dos que se acheguen a lela e a mirala.

 
- Mozos-as e adultos-as:
"La Fuente de la Edad" de Luis Mateo Díez en Alfaguara.
Esta magnífica obra, que cando se publicou supuxo a consagración do seu autor, recibiu o Premio Nacional de Literatura e o Premio da Crítica e está considerada como un clásico da literatura española.
Son os anos cincuenta nunha cidade de provincias e os integrantes dunha peculiarhttp://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=fuente+edad&idx=au%2Cwrdl&q=mateo+diez&idx=kw&sort_by=relevance&do=Aceptar confraría (máis encamiñada aos fastos do corpo que da alma) inician nunha noite unha disparatada aventura: a busca da mítica fonte que proporciona a eterna mocidade.
Esta aventura será como unha vía de escape do mundo que os rodea a outro máis imaxinativo e fantástico que os fará máis felices e máis libres. Os confrades son un grupo de amigos (todos homes, excepto unha muller) que senten admiración pola obra dun presbítero chamado José Mª Lumajo e que, segundo eles, sabía onde se localizaba esa fonte.
A obra está dividida en tres partes: na primeira, que transcorre na cidade, é a busca da documentación; a segunda acontece no entorno natural da Omañona e narra as peripecias da expedición buscando o mencionado manancial; e a terceira é a vinganza.
Unha novela moi divertida que parte do humor e da tradición literaria española, unha historia imaxinativa que cativa e entretén e que recomendamos a súa lectura.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario