17/6/14

Lembranza das Bibliotecas de Oleiros a María Wonenburger

http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/?p=11920524
O sábado, 14 de xuño, finou a insigne matemática María Wonenburger. Nacera en Montrove (Oleiros) no ano 1927. Amosa desde a infancia unha grande inclinación polos números e as matemáticas polo que no 1945 desprázase a Madrid para realizar a licenciatura nesta materia. Con 26 anos marcha para Estados Unidos cunha beca Fullbright. Abandona país, familia e amizades por unha carreira catalogada (nesa época) coma non feminina. Pertence á primeira promoción de licenciados en Matemáticas, a primeira española en acadar unha beca Fullbrigt, para realizar o doutoramento en matemáticas, nos Estados Unidos. Todo iso en 1953. Unha vez máis vai abrindo camiños, pois grazas á súa dedicación e valentía convértese nunha auténtica pioneira e espello para moitas outras mulleres. 

Exerceu como profesora de matemáticas en universidades de Canadá e de Estados Unidos, onde se relaciona e coñece os máis grandes matemáticos do momento, converténdose nunha referencia internacional en álxebra. 

Dúas profesoras da Universidade da Coruña, Ana Dorotea Tarrío Tobar e Mª José Souto Salorio, van facer visible, para toda Galicia e España,  a figura e o traballo da magnífica científica María Wonenburger. A partir das súas publicacións e divulgacións, chéganlle en vida numerosos recoñecementos. No ano 2012, o Concello de Oleiros, no seu lugar de nacemento, Montrove, vai honrar a súahttp://es.pinterest.com/bibloleiros/mar%C3%ADa-wonenburger-na-lembranza/ persoa cun fermoso parque denominado Parque María Wonenburger Planells. En maio deste ano, a Concellaría de Cultura de Oleiros, a través  do Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, o Servizo de Normalización Lingüística e o Instituto Miraflores de Oleiros inclúen o seu nome no Roteiro Cultural e Literario desta localidade e levan a cabo unha publicación que distribúen entre máis de 300 alumnos e alumnas dos centros de ensino público, na que os textos foron realizados por alumnado de 1º de bacharelato do mencionado instituto, dirixido polas profesoras Rosa García Vilariño, Mercedes Agra Ramírez e Mª Carmen Peñamaría. Con estes actos, o Concello de Oleiros homenaxeou a súa figura e quere conservar a lembranza desta ilustre matemática e excelente persoa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario