Mentras o grupo Fuxan os Ventos prepara un novo traballo discográfico, vai sumarse á celebración do Día das Letras Galegas cunha pequena homenaxe a Xosé María Díaz Castro.
O grupo ven de colgar na rede, de xeito gratuito, unha nova versión do poema máis coñecido e versionado do autor: Penélope, que recolle un recitado do propio Díaz Castro.
O grupo ven de colgar na rede, de xeito gratuito, unha nova versión do poema máis coñecido e versionado do autor: Penélope, que recolle un recitado do propio Díaz Castro.
Fuxan para esta ocasión contou coas colaboracións de Xosé Lois Romero no acordeón, Alejandro Masafret "Masa" no baixo e Roi Adrio na percusión. O vídeo foi dirixido e realizado por Melania Freire Vázquez e Hadrián Gómez Vázquez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario