Aurora Marco é catedrática de Didáctica da Lingua e Literatura Galega na Faculdade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago. As súas liñas de investigación preferente son Lingua, Literatura e Xénero.
Ten publicado unha vintena de libros e máis de cen artigos en revistas especializadas e actas de congresos científicos. Na súa ampla bibliografía podemos destacar entre outros: Ramón Otero Pedrayo: teatro ignorado (1991), As precursoras (1993), Mulleres e educación en Galiza (2002), Dicionario de mulleres galegas: das orixes a 1975 (2007), Mulleres na guerrilla antifranquista galega (2011) e como editora, Teresa Alvajar López: memorias dunha republicana (2012).
Libros no Sistema de Bibliotecas Públicas de Oleiros:
Teatro ignorado (ed.), Ramiro Paz Carbajal, 1891-1936, Teresa Alvajar López, Mulleres na
guerrilla antifranquista galega, Fausto, Margarida e aqueloutro, Actas del VII Congreso Internacional de la Sociedad Española de Didáctica de la Lengua y la Literatura (ed.), As silenciadas (dvd), Avilés de Taramancos, Dicionario de Mulleres Galegas.Teatro ignorado (ed.), Ramiro Paz Carbajal, 1891-1936, Teresa Alvajar López, Mulleres na
Datos obtidos de Edicións Laiovento
No hay comentarios:
Publicar un comentario