25/1/13

Recomendacións en Radioleiros: 25 de xaneiro

- Xuvenil (máis de 12 anos):
Me gustan y asustan tus ojos de gata, de José María Plaza
Cuatro Vientos
Miguel, un adolescente que vive en Madrid, síntese atraído por unha rapaza. Unha dobre historia na que se mesturan realidade e fantasía cun protagonista incapaz de distinguir entre as dúas. A amizade, o amor, a familia, os libros, os gatos… todo aparece mesturado neste libro distinto recomendado para maiores de doce anos.

- Mozos/as e adultos/as:

Do idilio a diáspora. Modernidade e compromiso na pintura galega de Castelao a Seoane, por Carlos L. Bernárdez
Nigratrea
O camino da pintura galega desde os primeiros anos do século vinte até 1950 lévanos desde o costumismo rexionalista de Álvarez de Sotomayor e Francisco Lloréns até figuras como Luís Seoane, Maside ou Maruxa Mallo. Escrito por Carlos López Bernárdez, historiador da arte e profesor de Lingua e literatura galegas, este libro é unha viaxe por estas décadas de creación con múltiples cambios sociais, económicos e políticos non exentos de convulsións, tamén no terreo artístico.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario