31/1/13

O ENTROIDO en Bibloleiros: obradoiros de máscaras e antefaces

Nas bibliotecas de Oleiros imos festexar o Entroido: a partir do martes 5 de febreiro, realizaranse Obradoiros de máscaras e antefaces nas Bibliotecas Municipais, dirixidos a nenas e nenos a partir de 5 anos.
O monitorado que levará a cabo a actividade é da Compañía Dinamo Xestión.
As-os cativas-os poderán realizar distintas máscaras e antefaces e coñecerán as diferentes personaxes e figuras do Entroido galego (choqueiros, peliqueiros, cigarróns, pantallas, etc.), deste xeito van coñecer costumes da nosa cultura e etnografía dunha forma divertida.
IMPORTANTE: hai só 20 prazas en cada obradoiro, as nenas e nenos que queiran participar deberán inscribirse na biblioteca correspondente. Todas as actividades serán ás 18:30 H





O ENTROIDO
Eu no Entroido teño medo
deste feo cigarrón;
vai choutando polas rúas,
as súas chocas fan ¡tolón!
Faremos as carautas,
troulearemos a cachón.
Pero gústame o Entroido
Polos grelos e o lacón,
pediremos polas portas
filloas, chulas, roscóns…
a cachucha, os chourizos
o entrecosto e os roxóns.
Poema de Ana Mª Fernández

1 comentario: