Esperámosche na
Biblioteca de Montrove durante todo o mes de abril para celebrar diversas datas de gran importancia cultural, o
Día Internacional do Libro Infantil (2 de abril) e o
Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor (23 de abril):
Presentámosche unha
Exposición Bibliográfica con obras da tríada literaria máis famosa da historia:
Andersen, Cervantes e Shakespeare.

Asimesmo queremos iniciar aos máis pequenos/as na creación literaria a través da actividade
"Facemos un libro?" na que poderán dar os seus primeiros pasos ilustrando relatos ou poñendo a súa imaxinación a funcionar para crear historias por si mesmos/as.
Finalmente, todos/as os usuarios/as que pasen pola biblioteca recibirán un pequeno agasallo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario