26/10/11

Proxecto 5-7-5: do 21 de marzo ao 24 de outubro

Logo de Proxecto 5-7-5O proxecto 5-7-5 que comezou o pasado 21 de marzo, Día Mundial da Poesía, terá o seu remate o 24 de outubro, Día da Biblioteca. A través do noso blog propuxemos aos/ás nosos/usuario/as que nos escribisen haikus, propios ou alleos, en calquera idioma: moitos deles son instantáneas da natureza que nos fan vibrar. Quixemos devolver esas "polaroid" ao noso ambiente: o xardín da Biblioteca Central Rialeda. Agradecemos a colaboración de todos/as aqueles/as que nos fixeron as súas achegas. Goza do resultado nesta galería de imaxes.

GRAZAS POR PARTICIPAR!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario