A expedición de 32 mozas e mozos italianos que participan no intercambio cultural entre Oleiros e o municipio de Buccino visitou a Biblioteca Central Rialeda.
Despois do primeiro intercambio xuvenil que se levou a cabo con éxito en 1999 fóronse intensificando os contactos entre ambos municipios, de feito, o verán pasado unha expedición de mozos e mozas oleirenses visitou Buccino. Entre outros equipamentos culturais e deportivos de Oleiros, os-as xoves italianos-as visitaron as instalacións da Biblioteca Central Rialeda o pasado 1 de agosto, onde coñeceron de perto o funcionamento do Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros e o xeito de fomentar o mundo dos libros e a difusión da cultura en calquera soporte (CD, DVD, Internet) a todos-as os-as que se acheguen ás bibliotecas do SBPM.

BENVIDOS-AS A OLEIROS!!!
GRAZAS POLA VISITA!!!
GRAZAS POLA VISITA!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario