20/5/11

Recomendacións en Radioleiros: 20 de maio

logo recomendacións en radioleirosTítulos recomendados o venres 20 de maio:
- Xuvenil (maiores de 14):
"Cazaría salvaxe" de Agustín Agra, en Xeraiscuberta do libro cazaría salvaxe
Wotan tiña ollos de lume, o corpo invisíbel ás miradas, e nas noites de invernía saía de caza coa compaña dos seus cadelos diabólicos. Novela de terror, misterio, bruxaría e fantasía coa prosa primorosa das narracións populares dos vellos violinistas.
- Mozos/as e adultos/as:
"As crónicas do Sochantre" de Álvaro Cunqueiro, editado por Galaxia
Nos tempos da Revolución Francesa, o Sochantre viaxa polos camiños da Bretaña acompañadcuberta do libro as crónicas do Sochantreo dunha comitiva de mortos contadores de historias. Misterio e crime escrito con gran talento creador. Un clásico na literatura galega desde a súa publicación no ano 1956.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario