15/4/11

Recomendacións en Radioleiros: 15 de abril

Logo Recomendacións en RadioleirosTítulos recomendados o venres 15 de abril: Infantil (a partir de 6 anos): "Un misterio na mochila de Alba" de Fina Casalderrey, ilustracións de Xan López Domínguez, en Planeta&Oxford.Cuberta de Un misterio na mochila de Alba Alba chegou a aquel lugar un atardecer de finais de abril. Non levaba máis equipaxe ca unha mochila de cor cereixa. Ninguén a acompañaba. Instalouse nunha vella casa abandonada. Na súa mochila ten todo canto necesita e por iso está sempre contenta ante o asombro da xente do pobo... Unha historia sinxela chea de sensibilidade, con poemas en cada capítulo, que nos ensina como se pode ser feliz con poucas cousas. Mozos/as e adultos/as: "Barrio negro" de Georges Simenon, editado por Tusquets. Un novo enxeñeiro francés chega a Panamá xunto coa súa muller. Están recén casados, el fai pouco que acabou a carreira e ofrecéronlle un traballo de enxeñeiro xefe dunha compaCuberta de Barrio negroñía mineira. Como non tiña outro traballo aceptouno coa intención de estar uns anos, aforrar uns cartos e despois regresar a Francia, pero o mesmo día en que chegan a Panamá infórmanos que a Sociedad Anónima de Minas de Ecuador quebrou e que non lles ían pagar nada. Así comezan as peripecias desta parella nun país descoñecido, con xentes e costumes moi distintas, sin cartos, sin traballo e sin posibilidade de mercar as pasaxes para volver a Francia. Esta obra móstranos a forma de vivir de xente de clase baixa e de persoas vidas a menos, fronte a outras que conseguiron saír adiante. Fálanos do racismo e as discriminacións raciais e de como ante un problema dúas persoas reaccionan de forma distinta. Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario