23/3/11

Taller de iniciación ao cómic na Biblioteca "Manuel María" de Oleiros

O mércores 23 de marzo, ás 10 e ás 11.45 horas, na Biblioteca Municipal “Manuel María" de Oleiros realizaranse dous talleres de iniciación ao cómic co ilustrador Xosé Tomás, dirixidos a alumnado de 6º de Primaria, do CEIP A Rabadeira de Oleiros, para explicarlles, de forma sinxela, os pasos principais que se deben levar a cabo á hora de deseñar unha historieta: guión, viñetas e personaxes, expresións anímicas e faciais (alegría, ira, tristeza, etc), como debuxar o movemento, deseño dos planos, coloreado, etc. Todas estas nocións estarán adaptadas á idade do alumnado.
Os obxectivos que se pretenden conseguir son que estes alumnos e alumnas aprendan diferentes técnicas (adaptadas á súa idade) para a realización dunha obra de banda deseñada, fomentar a creatividade e a imaxinación a través das actividades plásticas e promover a lectura de cómics e obras de banda deseñada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario