O 22 de marzo, ás 10.40 horas,para alumnado de 1º de bacharelato do IES María Casares de Santa Cruz e o día 23, tamén ás 10.40 horas, para alumnado de 1º de bacharelato do IES Miraflores de Oleiros, no Teatro As Torres de Santa Cruz as Bibliotecas Municipais de Oleiros organizan a actividade titulada "Las ingeniosas del hidalgo: el Quijote en voces de mujeres" a cargo da actriz Soledad Felloza, na que realizará varios monólogos curtos nos que dramatiza diferentes personaxes femininos da obra de Cervantes. Narra diversos capítulos de “El Quijote” nos que as mulleres teñen un certo protagonismo:
“Quiteria, que en plena voda con Camacho o rico, recorda o seu amor a Basilio, o pobre.
A pastora Marcela, na que destaca o seu discurso co que finalizaba as charlas cos seus namorados.
Claudia Jerónima Cervantes, na que está personalizada a liberdade da muller, con límites tan amplos nos que cabe un erro tan grave como a morte.”
Tamén o 22 de marzo, ás 10 e ás 12 horas, a Compañía “Tanxarina” representará en dúas sesións o espectáculo de marionetas titulado “Titiricircus” no auditorio A Fábrica, de Santa Cristina. É unha actividade organizada pola Editorial Xerais en colaboración coas Bibliotecas Municipais de Oleiros, para alumnado de 1º e 2º curso de centros de ensino público deste concello.
“Un recordo ensoñador e festivo do gran circo de carpa alta e bicolor; a historia de dous vellos traballadores que recordan agora con marionetas as glorias do seu pasado na pista.
Nun permanente xogo participativo co público, van aparecendo os números máis importantes daquel vello circo xa desaparecido: o home máis forte da Península Ibérica; o malabarista máis divertido do mundo, ... “
No hay comentarios:
Publicar un comentario