11/3/11

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 11 de marzo:
- Infantil

"Contos para nenos que dormen deseguida" de Pinto & Chinto
Editado por Kalandraka (2010)
Contos de piratas, de princesas, de soños, de bombeiros, etc. Contos realmente curtos e non demasiado longos. Según os autores, os contos para antes de durmir han de ser curtos e non como aquel tan longo, que cando acababas de contar, xa era hora de que o neno fose ao colexio.

- Mozos/as e Adultos/as:

"El país del alma" de Nuria Amat
Editado por Seix Barral (1999)
A Barcelona da inmediata posguerra transmítese a través dunha personaxe, Nena Rocamora, nun percorrido xeográfico e social por toda a cidade, rematando no Congreso Eucarístico de 1952.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario