18/2/11

Recomendacións en Radioleiros

Logo Recomendacións en RadioleirosTítulos recomendados o venres 18 de febreiro:
- Infantil e xuvenil:

“Sopa de xarope de amora” de Xosé A. Neira Cruz, ilustracións de Marta Álvarez MiguénsCuberta do libro Sopa de xarope de amora, editado por Xerais e AGADIC. Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2009.

Divertida obra de teatro que relata os traballos do doutor Amorodo, un científico ao servizo das casas reais que recibe encargos estrafalarios e está namorado de dona Chismunda.

- Mozos-as e adultos-as:

“Todo é silencio” de Manuel Rivas, en Xerais.
Fins, Leda e Brinco son tres rapaces amigos que viven en Brétema, unha vila da costa atlántica. Mariscal é un capo contrabandista que ascendeu rapidamente socialmente.
Narra o pro
Cuberta do libro Todo é silencioceso de conversión do contrabando de tabaco ao narcotráfico, acontecido en Galicia nas últimas décadas, como as mafias poden controlar unha gran parte da poboación: uns porque viven delas, outros porque están mercados con cartos ou agasallos e uns terceiros porque teñen medo e non se atreven a falar, saben que falando se xogan a vida. Son mafias que corrompen ás persoas, que acaban coa súa dignidade.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario