O grupo de Teatro Portaberta formado por Sabela Ramos Candedo, Daniel Vázquez Paredes, María Abad Ruibal, Julia Laport Ribas, Rebeca Sosa Molinelli, Sabela Dominguez Pérez, Lucía Pombo López e Cristina Eirea Ponte, levará a cabo unha adaptación de unha serie de contos para achegar ata os máis novos e todos aqueles que así o desexen, as disintas imaxes do Nadal.
O calendario e os lugares dos contacontos son: - Luns 27 decembro ás 18:30h., Biblioteca Municipal “Mª José Ruso” (Dorneda).
- Martes 28 decembro ás 12:30h., Biblioteca Municipal “Manuel María” (Oleiros).
- Martes 28 decembro ás 18:30h., Biblioteca Municipal “Federico García Lorca” (Montrove).
- Mércores 29 decembro ás 12:30h., Biblioteca Municipal “Rosalia de Castro” (Santa Cruz).
- Mércores 29 decembro ás 18:30h., Biblioteca Municipal “Xograr Mendiño” (Lorbé).
- Xoves 30 decembro ás 12:30h., Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
- Martes 4 de xaneiro ás 18:30h., Biblioteca Municipal “Mª José Trincado” (Mera).
- Mércores 5 de xaneiro ás 12:30h., Centro Cultural a Fábrica (Perillo).
No hay comentarios:
Publicar un comentario