16/3/21

Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: 17 marzo 2021 (Grupo B)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de Escola de menciñeiros, de Álvaro Cunqueiro
Coa colaboración da catedrática de lingua e literatura galegas Rosa García Vilariño.
Documentación

Seguinte lectura: El Aleph, de Jorge Luis Borges

"A luz na batalla" en Rialeda

Aínda podes contemplar, na Biblioteca Central Rialeda, a expo bibliográfica sobre Emilia Pardo Bazán para celebrar o 8 de marzo, Día da Muller.  A mostra bibliográfica A luz na batalla, baseándonos no lema en latín De bellum luce que ela adoptara e utilizara encabezando o seu papel de cartas e que é toda unha declaración de principios da loita por defender a súa liberdade individual, está dedicada á escritora Emilia Pardo Bazán, con novelas, artigos xornalísticos, ensaios e biografías sobre a autora de "La Tribuna". Tamén tes á túa disposición a serie de televisión homónima inspirada na novela "Los pazos de Ulloa" e o audiolibro "Aire y otros relatos" con seis das súas narracións cortas. En 2021 cúmprese o centenario da morte da autora coruñesa.
Emilia  Pardo  Bazán, filla única dunha familia aristocrática, nace na Coruña no ano 1852 e morre en Madrid en 1921. Para o seu tempo recibiu unha coidadosa educación e desde moi nena amosou unha gran afección pola lectura. As circunstancias políticas do pai -deputado liberal- levan a familia a pasar tempadas en Francia e a viaxar  por  Europa.  Así, dona Emilia coñecía e falaba francés, inglés e alemán e ademais foi pioneira, con grande escándalo na sociedade da súa época, da divulgación e defensa do estilo naturalista coa publicación do seu ensaio La cuestión palpitante. Como persoa independente, separouse do seu home e mantivo un longo romance con Benito Pérez Galdós, vai ser precursora de ideas feministas e valente defensora da educación para a muller. Por iso sempre atopou obstáculos para lograr o recoñecemento dos ambientes intelectuais. A escritora mantivo interesantes e acedas polémicas con Unamuno, Pereda, Juan  Valera, Clarín e Manuel Murguía. Curros Enríquez sitúaa no vagón da envexa na súa obra O divino sainete, pola fría acollida que dona Emilia prestou ao Rexurdimento. E por último, a Real Academia Española negoulle os votos necesarios para pertencer a esta institución xuntamente con Gertrudis Gómez de Avellaneda. A súa achega á literatura española pasa por obras imprescindibles como "Los pazos de Ulloa", "La madre naturaleza", "De mi tierra", "Morriña" e contos de toda tipoloxía e de gran factura que a consagran como excelente narradora. Emilia Pardo Bazán casou e gozou os veráns no pazo de Meirás creando nel unha importante e ampla biblioteca.
No municipio de Oleiros contamos co Castelo de Santa Cruz que mercou o seu home en poxa pública. Foi restaurado pola familia que o vai converter na súa nova residencia de verán. Máis tarde quedaralle en herdo á súa filla Blanca Quiroga que o doará, en 1939, á arma de cabalaría co fin de que se dedique a casa de colonias das-os  orfas-os de guerra. Ata 1978 albergou no verán orfas-os do exército, para  despois desta data quedar abandonado. En 1989 foi mercado polo Concello de Oleiros para que toda a cidadanía puidese gozar deste lugar emblemático e se convertese nun centro de referencia na educación ambiental en Galicia, que é ao que se dedica desde 2001: Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA). Foi declarado Ben de Interese  Cultural. O seu grande interese histórico, xunto coa súa beleza natural e paisaxística, fan deste lugar unha paraxe extraordinaria.
As Bibliotecas Municipais de Oleiros dedicámoslle a Emilia Pardo Bazán, xunto a Sofía Casanova, Juana de Vega e María Casares, o Roteiro Cultural e Literario 2012. Estes percorridos dan a coñecer e divulgar a vida e obra de persoas especialmente vinculadas co noso concello.

12/3/21

Hora do conto: 17 e 18 de marzo 2021 #bibliotecasegura #culturasegura

Volven os contacontos ás Bibliotecas Municipais para nenas e nenos a partir de 6 anos!!!
 
Aforo limitado: chama e reserva a túa praza. 
Todas as contadas serán ás 18:30 h.

As sesións poderán verse a través de Youtube a partir do día seguinte ao do contacontos presencial e durante as 48 horas posteriores.
 
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 17 de marzo
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Contos das estrelas"
 
Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 18 de marzo
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “O día que voou a señora Albertina e un conto máis”


                                                       AVISO
Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

Recomendacións en Radioleiros: 12 marzo 2021

 - Infantil (a partir de 6 anos):

A tartaruga Amodovou, de Paula Carballeira con ilustracións de Ana Seixas
Santillana Obradoiro, 2020

Amodovou é unha tartaruga que quería percorrer o mundo para sentir a súa música. As pegas, o pardal e o moucho serán os seus acompañantes nesta viaxe.

- Mozas/os e adultas/os:

El país donde florece el limonero. La historia de Italia y sus cítricos, de Helena Attlee
Acantilado, 2018

Experta en xardíns, Attle entrou hai anos en contacto co mundo dos cítricos coñecendo Italia e as múltiples repercusións que ten na gastronomía, medicina, sociedade e economía. Aromas, cores, luz e paisaxes pasan por este libro diferente e fascinante.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

8/3/21

Hora do conto: 8 a 12 de marzo 2021 #bibliotecasegura #culturasegura

Volven os contacontos ás Bibliotecas Municipais para nenas e nenos a partir de 6 anos!!!
 
Aforo limitado: chama e reserva a túa praza.
 
Todas as sesións serán ás 18:30 h. 
 
Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 8 de marzo
Imprescindible reserva praza, tlf.: 981 626 638
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Mulleres que cambiaron o mundo” Día da Muller
 
 
Biblioteca Pública Municipal Manuel María (Oleiros) 
Martes 9 de marzo
Imprescindible reserva praza, tlf.: 981 610 700 
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Aventureiras intrépidas” Día da Muller
 
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 10 de marzo
Imprescindible reserva praza, tlf.: 981 626 338
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Contamos=” Día da Muller
 
Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 11 de marzo
Imprescindible reserva praza, tlf.: 981 639 511
CONTACONTOS: Eduvía
TÍTULO: “Dada o duende”

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 12 de marzo
Imprescindible reserva praza, tlf.: 981 664 257
CONTACONTOS: Fátima Fernández
TÍTULO: “Un mundo de mulleres" Día da Muller

                                                       AVISO
Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

8 de marzo: Celebramos o Día da Muller nas Bibliotecas Municipais de Oleiros

Nas Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros, ao longo do mes de marzo, levaranse a cabo diversas actividades cos obxectivos de promover a igualdade de xénero, difundir o relevante papel das mulleres ao longo da historia en todos os ámbitos: científicas, deportistas, escritoras, pintoras..., provocar a reflexión sobre estes temas, presentar diversas obras escritas por mulleres e dar a coñecer libros de autoras galegas, todos eles coa finalidade de fomentar a lectura deste tipo de libros. 
 
A luz na batalla: Exposición bibliográfica formada por obras escritas por Emilia Pardo Bazán e outras que estudan esta insigne autora.
Este ano conmemórase o centenario do falecemento de Emilia Pardo Bazán, e como homenaxe a esta ilustre escritora e loitadora polos dereitos da muller, na biblioteca Rialeda realízase esta exposición para ensinar as súas principais obras, biografías e estudos sobre a súa produción, co obxectivo de que as usuarias e usuarios as coñezan e as leven en préstamo. Esta exposición titúlase A luz na batalla baseándonos no lema en latín De bellum luce que ela adoptara e utilizara encabezando o seu papel de cartas e que é toda unha declaración de principios da loita por defender a súa liberdade individual.
4 de marzo: Hora do conto para maiores de 6 anos, co espectáculo titulado Xoana a cargo de Ramiro Neira.
 
Clubs de lectura para moz@s e adult@s por videoconferencia:
3 de marzo: Comentario da obra La vegetariana de Han Kang.
10 de marzo: Comentario da obra Amor de tango de Mª Xosé Queizán.

8 Mulleres, 8 libros, 8 cancións:  Mostra bibliográfica
Mostra na que se amosan 8 biografías de escritoras, científicas, deportistas…, 8 libros de autoras galegas e 8 CD de artistas con cancións orixinais delas ou que versionan poesías ou textos de escritoras ás que puxeron música.
Os obxectivos son difundir o fondo do Centro de Documentación da Muller, presentar obras escritas por mulleres, dar a coñecer libros de autoras galegas, promover a lectura entre moz@s e adolescentes de libros relacionados coa igualdade de xénero e a coeducación e aumentar o coñecemento sobre diversas mulleres relevantes ao longo da historia.
 
10 de marzo: Hora do conto para maiores de 6 anos, co espectáculo titulado Contamos=(Contamos en igualdade) a cargo de Caxoto.
 
Clubs de lectura para moz@s e adult@s por videoconferencia:
16 de marzo: Comentario da obra Abril encantado de Elizabeth Von Arnim.
 
Mulleres e recortables: Actividade plástica con recortables onde figuran as imaxes e resumos das biografías de varias mulleres que destacaron ao longo da historia.
Co obxectivo de destacar que as mulleres teñen e tiveron un papel destacado ao longo da historia, aínda que o conseguiron dun xeito moito menos doado que os homes.
Mulleres protagonistas: Exposición bibliográfica composta por títulos de literatura infantil e para adultas-os, en castelán e galego, nos que as protagonistas son mulleres.
Co obxectivo de divulgar estas obras e promover a súa lectura.
12 de marzo: Hora do conto para maiores de 6 anos, co espectáculo titulado Un mundo de mulleres a cargo de Fátima Fernández.
 
Mostra de material audiovisual e bibliográfico sobre igualdade de xénero e o feminismo, co obxectivo de dar a coñecer o fondo sobre esta temática e que o leven en préstamo.
Cartel A Xeración de igualdade: co obxectivo de unirse á campaña da ONU “Mulleres para acelerar as accións para a igualdade de xénero”.
5 de marzo: Hora do conto para maiores de 6 anos, co espectáculo titulado Tres irmás, tres camiños e un gran perigo a cargo de Paula Carballeira.
 
Con nome de muller: Exposición bibliográfica sobre o feminismo, seleccionando obras para abordar a temática da igualdade de xénero. Co obxectivo de provocar a reflexión sobre esta temática.
8 de marzo: Hora do conto para maiores de 6 anos, co espectáculo titulado Mulleres que cambiaron o mundo a cargo de Charo Pita.
 
Exposición bibliográfica sobre feminismo, seleccionando contos e libros para abordar a temática de igualdade de xénero. Co obxectivo de dar a coñecer os libros sobre feminismo e que as-os usuarias-os os leven en préstamo.
4 de marzo: Hora do conto para maiores de 6 anos, co espectáculo titulado Nós somos fortes, máxicas e poderosas a cargo de Fátima Fernández.
 
Mulleres que deixaron pegada: Mostra bibliográfica sobre mulleres que destacaron como científicas, no mundo das artes, da política, etc. Co obxectivo de divulgar estas obras e promover a súa lectura.
9 de marzo: Hora do conto para maiores de 6 anos, co espectáculo titulado Aventureiras intrépidas a cargo de Charo Pita.


5/3/21

Recomendacións en Radioleiros: 5 marzo 2021

- Xuvenil (a partir de 10 anos):

Feminino singular en plural, textos e poesías de Concha Blanco con ilustracións de Laura Romero
Baía Edicións, 2020

Versión dixital en Galiciale

12 sinxelos poemas biográficos dedicados a mulleres galegas pioneiras e singulares (de aí o título), pero tamén a outras mulleres anónimas e das que non coñecemos os seus nomes. Todas elas valentes e loitadoras, desde a antiga Gallaecia ata a Galicia contemporánea actual, con nomes como: Rosalía de Castro, Xulia Minguillón, Exeria, Elisa e Marcela, Concepción Arenal, MariCastaña, Sofía Casanova, Mª Xosé Queizán, ás dúas Marías (Maruxa e Coralia), Emilia Pardo Bazán, Olimpia Valencia e a todas as mulleres anónimas, viúvas de vivos, silenciadas, descoñecidas, que sacaron este país adiante.

Intercalados con estas poesías hai breves textos dunha nena e un neno (Sabela e Roi) con comentarios infantís sobre estas mulleres.

A autora di que son mulleres sobre as que investigou na súa historia para provocar unha reflexión sobre as súas vidas, o seu labor, a súa forza, a súa intelixencia ou a súa entrega... e unha vez interiorizado este gran problema social facer algo de xeito particular e tamén colectivo para cambiar. A unión fai a forza.


Desde Baía Edicións definen a obra como un canto agradecido a mulleres que loitaron individualmente e con moitos atrancos pola súa colectividade.

Un libro que fala da loita pola igualdade e pola liberdade, para acadar unha sociedade máis xusta.

- Mozas/os e adultas/os:

Totalidad sexual del cosmos, de Juan Bonilla
Seix Barral, 2019

Versión dixital en eBiblio

Premio Nacional de Narrativa en 2020

Recupera a figura da poeta e pintora mexicana Nahui Olin, unha muller intelixente e con ansias de liberdade, ao mesmo tempo que extravagante e irreverente. Ultimamente está considerada como unha figura carismática da arte mexicana do século XX.

O seu verdadeiro nome era Carmen Mondragón, pero decidiu asinar como Nahui Olin. Naceu en Veracruz (México) en 1893. Viviu en París nos primeiros anos do século XX, onde coñeceu, entre outros, a Matisse e a Picasso. Ao estalar a 1ª Guerra Mundial trasladouse a San Sebastián ata que volveu a México en 1921, onde participou activamente na vida intelectual e artística do seu país e destacou polas súas ideas feministas e unha actitude provocadora. Unha artista de gran beleza e sensualidade que se auto-representou na súa pintura, o que se relaciona co seu coñecemento do feminismo anglosaxón e mexicano que a leva a explorar a súa creatividade.

Nahui Olin formou parte dese grupo de mulleres que durante as décadas de 1920 e 1930 produciron un dos períodos más activos da cultura e a arte en México.

Nesta novela, mesturando realidade e ficción, o autor reconstrúe e dá a coñecer un personaxe histórico a través da busca que realiza un personaxe de ficción, que é o restaurador Tomás Zurián, namorado desta muller, dos seus fermosos ollos verdes, despois de ver unha fotografía súa. Debido a esta obsesión, a súa propia vida queda anulada en función da recuperación da biografía e produción literaria e artística de Nahui Olin.


O xurado do Premio Nacional de Narrativa elixiu esta obra por: “su prosa poderosa y transparente, de rítmica tensión narrativa, y por su análisis sobre la investigación como acto de amor exacerbado”. Tamén destacou: “la aproximación literaria a un personaje femenino anticanónico e iluminador es modélica y constituye, al mismo tiempo, una reivindicación de las vanguardias que atraviesan la propia escritura a lo largo de toda la obra”.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas


2/3/21

Hora do conto: 3 a 5 de marzo 2021 #bibliotecasegura #culturasegura

Volven os contacontos ás Bibliotecas Municipais para nenas e nenos a partir de 6 anos!!!
 
Aforo limitado: chama e reserva a túa praza.
 
Todas as sesións serán ás 18:30 h. 
 
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 3 de marzo
Imprescindible reserva praza, tlf.: 981 626 338
CONTACONTOS: Trémola Teatro
TÍTULO: “1, 2, 3 a que non o ves?”
 
Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 4 de marzo
Imprescindible reserva praza, tlf.: 981 618 201
CONTACONTOS: Fátima Fernández
TÍTULO: “Nós somos fortes, máxicas e poderosas” Día da Muller
 
Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 4 de marzo
Imprescindible reserva praza, tlf.: 981 639 511
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Xoana” Día da Muller

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 5 de marzo
Imprescindible reserva praza, tlf.: 981 628 507
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Tres irmás, tres camiños e un gran perigo" Día da Muller

                                                       AVISO
Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: 3 marzo 2021 (Grupo B)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de La vegetariana, de Han Kang
Documentación

Seguinte lectura: Escola de menciñeiros, de Álvaro Cunqueiro