11/8/17
Recomendacións en Rialeda: 11 agosto 2017
- Infantil (nenas-os maiores de 4 anos):"A mellor sopa do mundo" texto de Susanna Isern e ilustracións de Mar Ferrero. En OQO.
Nun lugar escondido do bosque a Tartaruga está a preparar a comida. Mentras tanto, fóra, os animais do bosque, vense sorprendidos por unha forte tormenta de neve polo que non teñen máis remedio que refuxiarse na casa da Tartaruga, no momento no que a auga para preparar a sopa está a ferver, así que a medida que os hóspedes entran, van ofrecendo novos ingredientes. No exterior, escurece e vai frío. Dentro da casa, o recendo da sopa vai enchendo a estancia.
- Mozas-os e adultas-os:
"El diagnóstico" de Edith Wharton. Editado por Rey Lear.
Paul Dorrance, o protagonista, é un solteiro acomodado, lixeiramente hipocondríaco, ao que os médicos acaban de certificarlle a súa boa saúde, momento no que decide deixar a Eleanor, a súa amante, para vivir unha vida libre de ataduras. Sen embargo á beira do teléfono
atopa un informe médico que lle descobre a “verdade” sobre o fatal desenlace da súa enfermidade. A perspectiva cambia e Eleanor recibe unha proposición de matrimonio.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
9/8/17
A medida, películas de todas as tallas: XL, L, M, S
Despois das Lecturas a medida, lecturas de todas as tallas, eis as películas de todas as metraxes!
XL, películas que andan polos 180 minutos: Carlos, Cleopatra, Fanny & Alexander, Gigante, King Kong e Lo que el viento se llevó. Da L temos aquelas que van dos 150’ aos 170’: Amores perros, Baaría, Boyhood, Casino, Interstellar, Medianoche en el jardín del bien y del mal.

Ao redor dos 120 minutos pertencen as películas da talla M: El año de las luces, Con faldas y a lo loco, La juventud, Jane Eyre, El mismo amor la misma lluvia e Nuestra hermana pequeña. S, estas películas duran aproximadamente 90’: Las mujeres de verdad tienen curvas, Le week-end, Llévame a la luna, Mi semana con Marilyn, Molière en bicicleta, Un novio para mi mujer.
Probe e leve o que máis lle acaia!
4/8/17
Recomendacións en Radioleiros: 4 agosto 2017
Sadako e as mil grúas de papel, de Eleanor Coerr
Everest Galicia
Libro baseado na historia real de Sadako, unha nena xaponesa que con 12 anos faleceu vítima dunha leucemia orixinada pola radiación á que foi exposta de pequena tras a bomba nuclear que asolou Hirosima. Dános a coñecer unha fermosa lenda xaponesa: se constrúes mil grúas de papel, o teu maior desexo farase realidade. Iso é o que empeza a facer Sadako, construir mil grúas de papel para curarse da súa enfermidade.
- Mozas/os e adultas/os:
Las chicas, de Emma ClineAnagrama
Novela inspirada nun feito real, os crimes da familia Manson que en 1969 conmocionaron EEUU. Evie, que ten 14 anos en 1969 é a única filla dun acomodado matrimonio de California que recén se separou. Un día no parque repara nunhas mozas de aspecto andraxoso e comportamento descarado. Así empeza o seu fascinamento polas “chicas de Russell” e pola súa rebelión.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
1/8/17
Mergúllate na lectura! na Biblioteca de Santa Cruz
Este verán toca
mergullarse
entre as
páxinas
dun libro que te refresque…
Se queres refrescarte este verán e non sufrir o inmenso calor do deserto…. invitámoste e só para TI, que tes máis de 12 anos a mergullarte en refrescantes historias para quitar a sede… sobre todo de lecturas.
E se ademáis queres enviarnos unha foto túa lendo… faremos un mural na entrada da Biblioteca de Santa Cruz coas túas aportacións.....

28/7/17
Recomendacións en Radioleiros: 28 xullo 2017
- Infantil (a partir de 6 anos):"El letrero secreto de Rosie" de Maurice Sendak, en Kalandraka.
Esta mañá Rosie, unha nena cunha imaxinación desbordante, levántase e decide poñer na porta da súa casa un letreiro que chama a atención de todos os seus amigos e demáis veciños da rúa: “Se queres enterarte dun secreto, chama tres veces”… Un libro que animará ás-aos lectoras-es a desenvolver as súas capacidades de inventiva ante novas situacións.
- Mozas-os e adultas-os:
"A ferida do vento" de Antón Riveiro Coello. Editado por Galaxia.
A historia comenza aló polo ano 1978. Antón un rapaz duns 15 anos, logo de 3 meses de internado, volve a Xinzo coa emoción de ver a súa familia, pero sobre todo de ver a súa
primeira moza, Gabriela.Na vila, o avó Mauro, unha persoa peculiar, entre outras cousas por levar un rexistro dos tolos da vila, espera por el no seu cuarto. Vai ser o encargado de darlle unha nova que vai deixalo abraiado.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
21/7/17
Lecturas a medida, novelas de todas as tallas: XL, L, M, S
A Biblioteca Central Rialeda (Perillo) ofrécelle para o verán 2017 unha selección titulada "Lecturas a medida, novelas de todas as tallas: XL, L, M, S". Proximamente haberá unha segunda parte adicada a películas de todas as metraxes.
"Lecturas a medida" presenta 24 títulos de indubidable calidade literaria organizadas segundo o seu número de páxinas: Lecturas XL, de máis de 600 páxinas, dirixidas a aquel@s lector@s que gozan de moito tempo para a lectura e saborean cada párrafo, cada palabra, a modiño. Roberto Bolaño, Ann-Marie MacDonald, Susanna Clarke, Donna Tart son algúns d@s autor@s desta sección.
A talla L está constituída por lecturas de 400 a 500 páxinas. Títulos como "Ahora sabréis lo que es correr", "La casa de Jampol" ou "Caramelo" para aquelas persoas que debullan as páxinas a unha velocidade dunhas 300 palabras por minuto.
M, esa talla que senta ben a todo o mundo: de 200 a 300 páxinas, libros que poden levar consigo a calquera parte. Propoñemos a Nancy Houston, John Cheever, Kate Taylor, Bohumil Hrabal. Das 150 ás 200 páxinas temos á súa disposición a talla S. Será feliz con lecturas que enchen unha tarde de praia, montaña, parque ou río: J. R. Moehringer, Nina Berberova, Berta Dávila...
Se non atopa a súa talla, pregúntenos, temos lecturas á súa medida!!!
Para máximas temperaturas, mínimas lecturas
A Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz quere que este verán poidas disfrutar do sol e da lectura e que te relaxes sentíndote libre de cargas.
Por eso, ofrecemos unha selección de lecturas breves.
Libros lixeiros con historias frescas para que te sumerxas nas augas da imaxinación.
Recomendacións en Radioleiros: 21 xullo 2017
A máquina contacontos, de Xelís de Toro
Rodeira
A historia desenvólvese nun mercado da cidade de Londres onde cada sábado acontecía algo moi particular: un home, ataviado con roupas para nada discretas, presentábase no mercado cunha curiosa máquina que tiña a habilidade de, palabra a palabra, inventar contos, cos seus principios e finais. Un sábado, estando o mercado cheo de xente preparada para escoitar os novos contos, nin máquina nin contista se presentaron. O motivo era que o home tiña que asistir ao seu propio enterro. Samuel, un rapaz do barrio, tomou o seu relevo, pero non sabía como funcionaba a máquina… Precisará da axuda dos demáis para acometer tan importante tarefa.
- Mozas/os e Adultas/os:
El murmullo de las abejas, de Sofía SegoviaLumen
A historia comeza en 1910 na localidade natal da autora, Monterrey e arredores, Linares, cando a nana Reja atopa abandonado xunto a unha ponte a un recén nacido espido e co cordón umbilical aínda sen cortar. Ninguén sabe nada da nai nen se explican como puido sobrevivir nesas circunstancias. A noticia recíbese con medo e estupor entre os habitantes do pobo. O bebé apareceu cuberto dun manto vivo de abellas e cunha deformidade na boca que fai crer aos supersticiosos que é obra do demo.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
19/7/17
"Raiola de lecturas": guías para o verán 2017

Presentamos catro guías con suxestións que te emocionarán, farán sorrir, reflexionar...
Cada unha diríxese a un grupo de idade.
Son libros que hai nas bibliotecas municipais e que podes levar en préstamo para a túa casa. Animámoste a que visites as bibliotecas municipais (consulta os nosos horarios), utilices o servizo de préstamo e goces coa lectura.
Descarga as guías premendo sobre as imaxes.
14/7/17
Recomendacións en Radioleiros: 14 xullo 2017
- Infantil (8 a 10 anos):"O caderno de Edua" de Helena Villar Janeiro e ilustracións de Carmen Queralt. En Sushi Books.
Edua, unha nena que vive nunha aldea do Cebreiro agarda un ordenador como agasallo de cumpreanos. Unha tormenta de neve implicará un regalo distinto que cambiará a súa forma de ver as cousas.
- Mozas-os e adultas-os:
"El intermediario" de John Grisham. Editado por Debolsillo.
Un avogado preso nun cárcere norteamericano é indultado no remate dun mandato presidencial. A súa liberación é o comezo dunha trama de intrigas entre os servizos de intelixencia de Israel, Rusia, China e Arabia Saudí.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
As Bibliotecas de Oleiros celebramos o Premio da Federación de Gremios de Editores de España!!!
O Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros gañou o Premio LIBER 2017 á mellor iniciativa de fomento da lectura nas bibliotecas públicas abertas ao público que concede a Federación de Gremios de Editores de España. Esta federación xunta o 90% das editoriais privadas.
As actividades que fomentan o achegamento ao mundo do libro e a lectura para todas as idades, que desde hai máis de dúas décadas se desenvolven nas bibliotecas do Concello de Oleiros, foron recoñecidas con este premio.
Obradoiros de diversas modalidades: ilustración, cómic, creación de poesía, manualidades; exposicións, encontros con escritoras-es, clubs de lectura, contacontos, monólogos, son algunhas das actividades que se programan nas sete bibliotecas municipais, ademáis de celebracións como o Entroido, Día do Libro, Día das Letras Galegas, Nadal, etc. Os programas para o fomento da lectura, teñen lugar de forma ininterrumpida desde hai 25 anos e dedican unha parte importante das actividades á poboación escolar de centros públicos do concello.
Para o público adulto, destacan os tres clubs de lectura, de vinte integrantes cada un, que cada ano contan con lista de espera. As bibliotecas ofrecen, además das actividades e préstamo de libros, rede wifi e ordenadores.
A Federación de Gremios de Editores de España concedeu o Premio Liber 2017 a Javier Marías como mellor autor hispanoamericano, o premio de fomento da lectura en Medios de Comunicación ao xornal asturiano "La Nueva España" polo seu suplemento ‘Cultura’. O Premio Liber 2017 á mellor adaptación audiovisual foi outorgado ao director Juan Antonio Bayona, pola súa película ‘Un monstruo viene a vernos" e o premio "Boixareu Ginesta" ao Libreiro do Ano á librería Lé, de Madrid. O acto de entrega terá lugar o 5 de outubro na Real Fábrica de Tapices no marco das actividades de LIBER.
Ofrecemos este galardón a todas as persoas que participan nas nosas actividades, que gozan das bibliotecas municipais de Oleiros e alargan o horizonte do libro e a lectura!!!
Moitas grazas!!!
Nota de prensa da Federación de Gremios de Editores de España
Así o recollen os medios:
- La Opinión de A Coruña
- El Ideal Gallego
- La Voz de Galicia
- Rede de Bibliotecas de Galicia
- El Periódico de Catalunya
- La Vanguardia
- Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
- Asociación de Editores de Andalucía
- IFEMA
- El País
- Hechos de hoy
- Hoy es arte
- Europapress

Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
10:00
No hay comentarios:
Etiquetas:
Biblioteca Central Rialeda,
Biblioteca de Dorneda,
Biblioteca de Lorbé,
Biblioteca de Mera,
Biblioteca de Nós,
Biblioteca de Oleiros,
Biblioteca de Santa Cruz,
Premios e Recoñecementos
7/7/17
Recomendacións en Radioleiros: 7 xullo 2017
As cousas que importan, de El primo Ramón
Bululú
Da man desta parella de arquitectos coruñeses (Borja López Cotelo e María Olmo Béjar) recibimos esta publicación que é un auténtico agasallo estético cunhas ilustracións de grande calidade e textos moi sensibeis. Seis historias presentadas con citas de autores clásicos (Ibsen, Gómez de la Serna, Borges, Hemingway, Melville e Perec) sobre a importancia da amizade e os valores da vida.
- Mozos/as e adultos/as:
Tamara Drewe, de Posy SimmondsSinsentido
A colaboradora de The Guardian traenos esta banda deseñada que narra a chegada dunha xornalista de prensa barata a unha pequena comunidade rural inglesa na que hai unha casa para escritores. Un retrato satírico da Inglaterra actual. Tamén en película.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
3/7/17
Tertulia literaria en Rialeda: títulos máis valorados 2016-2017
En total léronse 18 títulos de autores/as galegos/as, españois e internacionais. Eis os 5 mellor valorados en cada grupo:
Grupo A:
1º) Canadá, de Richard Ford
2º) Nos vemos allá arriba, de Pierre Lemaitre
3º) Las reputaciones, de Juan Gabriel Vásquez
4º) Me llamo Lucy Barton, de Elizabeth Strout
5º) Dar la vida y el alma, de Marina Mayoral
Grupo B:
1º) Nos vemos allá arriba, de Pierre Lemaitre

2º) Mentiras de mujeres, de Liudmila Ulítskaya
3º) Alguien, de Alice McDermott
4º) Intemperie, de Jesús Carrasco
5º) Me llamo Lucy Barton, de Elizabeth Strout
Aproveitamos a ocasión para agradecer a fidelidade amosada polas/os participantes. A finais de setembro abrirase de novo o prazo para inscribirse na próxima tempada.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)