Clica na imaxe e accede aos horarios de todas as bibliotecas durante os meses de xullo, agosto e setembro.
Bibliotecas abertas ao público durante todo o verán:
- Biblioteca Central Rialeda en Perillo
- Biblioteca Rosalía de Castro en Santa Cruz
- Biblioteca Mª José Trincado en Mera
- Biblioteca Manuel María de Oleiros
- Biblioteca Ánxel Fole de Nós
Na Biblioteca Central Rialeda podes RENOVAR os libros e outros materiais das bibliotecas que estean pechadas.
As DEVOLUCIÓNS se farán na biblioteca onde o retiraches. Se está pechada, espera a que abra para facer a devolución.
Contacto:
Biblioteca Central Rialeda
Teléfono 981 639511
biblioteca.rialeda@oleiros.org
CONTACTA BIBLIOTECAS
Queremos desexar un feliz verán a todas as persoas que nos seguen a través do noso blog, da web do Concello de Oleiros, de twitter @bibloleiros e por suposto a todos-as os-as nosos-as lectores-as e usuarios-as!!!
9/6/17
Recomendacións en Radioleiros: 9 xuño 2017
Soños de circo, texto de Joxan Ormazabal, ilustracións de Iraia Okina
Faktoría K de Libros
Premiado no ano 2008 coa II Bolsa Etxepare ao mellor proxecto para a creación dun álbum infantil en éuscaro.
É a historia do desexo dunha nena que vai cumprir co poder da imaxinación. A súa avoa levaba tempo decíndolle que ía levala ao circo. Tras coller o tren para ir á cidade, quedan durmidas. A partir dese intre a nena só pensa no Circo Mundial...
Obra moi fermosa e deliciosamente ilustrada. Fala dos desexos, soños e ilusión e da relación entre persoas de diferente idade.
- Mozas/os e adultas/os:
Me llamo Lucy Barton, de Elizabeth Strout
Duomo
Unha novela intimista que nos fala das relacións familiares, pero principalmente das que se establecen entre unha nai e unha filla.
Lucy Barton convalece nun hospital de Manhattan. Non recibe visitas do seu home, que aduce falta de tempo pero máis ben odia os hospitais. Lucy sintese soa e devece polas fillas, ás que apenas ve. En troques, o seu home consegue que a nai de Lucy a visite, o que levará a un reencontro tras anos de escaso contacto.
- Mozas/os e adultas/os:
Me llamo Lucy Barton, de Elizabeth Strout
Duomo
Unha novela intimista que nos fala das relacións familiares, pero principalmente das que se establecen entre unha nai e unha filla. Lucy Barton convalece nun hospital de Manhattan. Non recibe visitas do seu home, que aduce falta de tempo pero máis ben odia os hospitais. Lucy sintese soa e devece polas fillas, ás que apenas ve. En troques, o seu home consegue que a nai de Lucy a visite, o que levará a un reencontro tras anos de escaso contacto.
Durante 5 días e 5 noites as dúas falan da familia, da infancia, da xente que coñecen, aparentemente de xeito intrascendente pero redescubrindo un amor agochado polas dificultades e o tempo. As conversas revelarán o difícil pasado de ambas mulleres, especialmente o da nai.
Narrada en primeira persoa por Lucy con continuos saltos temporais, a obra non é autobiográfica segundo a autora, senon baseada na vida nas familias menos favorecidas dentro das comunidades norteamericanas. Así a obra convertese nun canto á vida, chea de sensibilidade á vez que fuxe do sentimentalismo.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
7/6/17
6/6/17
Tertulia literaria en Rialeda: 7 xuño 2017 (Remate tempada Grupo A)
Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)18 a 20 h.
Comentario de "Dar la vida y el alma" de Marina Mayoral
Documentación
Con esta sesión remata a tempada 2016-2017 no grupo A da Biblioteca Rialeda. Queremos dar as grazas a todas as persoas que participaron na actividade ao longo destos 9 meses.
2/6/17
Recomendacións en Radioleiros: 2 xuño 2017
- Infantil (6 - 8 anos):"Eu son gato" de Jackie Morris. En Lata de Sal.
Da man desta ilustradora e escritora, coñecemos o mundo dos gatos a través dos seus soños. Unha viaxe coa familia dos felinos que nos fan compaña.
- Mozas-os e adultas-os:"Un hotel en la Costa Brava" de Nancy Johnstone, editado por Tusquets.
No 1934 unha parella de xornalistas ingleses decide construír un hotel nunha pequena localidade da Costa Brava. Aos amigos do inicio, súmanse os que chegaron coa Guerra Civil, dando lugar á transformación dun proxecto persoal nun de interese social e político.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
26/5/17
Roteiro cultural e literario 2017: 30 e 31 de maio
Unha vez máis levarase a cabo o Roteiro Cultural e Literario que este ano está dedicado ao pintor Manuel Abelenda, ao escritor Xosé Neira Vilas e á pintora María del Adalid. Unha actividade organizada entre o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, o Servizo de Normalización Lingüística, o IES Miraflores e o IESP Neira Vilas.
Terá lugar os días 30 e 31 de maio e participarán máis de 300 alumnas/os dos centros de ensino público deste concello, desde 6º de primaria ata 1º de bacharelato. A todos/as os/as participantes se lles repartirá un folleto realizado por alumnado de 1º de bacharelato do IES Miraflores e de 3º de ESO do IESP Neira Vilas, baixo a coordinación das profesoras Rosa García Vilariño, Graciela Grande Veloso e Inma Otero Varela, da Biblioteca Central Rialeda e do Servizo de Normalización Lingüística, baixo un deseño do departamento de comunicación do Concello de Oleiros.
Os obxectivos que se pretenden conseguir son dar a coñecer diferentes persoas ilustres que viviron no Concello de Oleiros, mellorar o coñecemento de patrimonio e espazos do termo municipal de Oleiros e promover a lectura.

Consistirá no percorrido por distintos lugares do municipio nos que viviron estas persoas ilustres, como unha homenaxe a todas elas. Comezaremos en As Torres de San Cruz onde se proxectarán imaxes (acompañadas dunha breve explicación) de diversas obras do pintor Manuel Abelenda; trasladarémonos á rúa do Pombal en Perillo para coñecer a casa deste pintor; a continuación marcharemos para o Instituto Neira Vilas no que homenaxearemos ao escritor Xosé Neira Vilas; pararemos diante da Escola María del Adalid e finalizaremos no Pazo de Lóngora en Montrove, onde coñeceremos a casa da pintora María del Adalid.
En todos estes lugares será o propio alumnado o que irá presentado a cada un dos personaxes
homenaxeados. Realizarán estas presentacións, polo Instituto Miraflores: Bruna Frazao, Paula Carracedo, Laura López, Samuel Ramil, Valeria García, María Eiroa, Carmen Vicedo e Cristina Álvarez. Polo Instituto Neira Vilas: Pablo Basante, Lucas Canle, Eduardo Giménez, Guillermo Huelin, Emilio Ríos, José Rodrigo Santos, Ignacio Valeiras e Marcos Vázquez. Tamén colaborarán Eugenia Bermúdez, Candela Pía e Orleni Meteo. Neste centro acabarase cunha actuación musical a cargo dos alumnos Lucía Sigüeiro, Xoan Carro e Jacobo Juanatey baixo a dirección do profesor de música Jesús Fernández Llaneza.

No Pazo de Lóngora finalizarase con outra actuación musical. O día 30, a cargo do músico Roi Casal, que formou parte de Milladoiro, e que publicou o disco titulado “Son galego, Son cubano”, un traballo realizado conxuntamente con Xosé Neira Vilas e con letras do propio escritor. O día 31 será a cantante de ópera, Victoria Álvarez, quen porá o toque final a estes recorridos. Esta soprano (que ademais vive no noso concello), coa súa magnifica voz, será quen clausurará a actividade.
Tertulia literaria en Rialeda: 31 maio 2017 (Grupo B)
Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)17,30 a 19,30 h.
Comentario de "Me llamo Lucy Barton" de Elizabeth Strout
Documentación
A seguinte obra programada é "Nos vemos allá arriba" de Pierre Lemaitre
Recomendacións en Radioleiros: 26 maio 2017
Palabra de crocodilo Iván Suárez
OQO
Álbum ilustrado realizado a partir dun fermoso conto orixinal de Burkina Faso, con tons difusos, escuros e sombríos que reforzan a tensión da narración.
Había unha vez un crocodilo grande e vello que se afastara moito do río e que non era capaz de camiñar para chegar á auga. Cerca do río vivía Bamako, un neno que esa tarde se distanciara demasiado do poboado perseguindo un paxaro. O crocodilo, cando o viu, pediulle que o achegara, pero el díxolle que non lle axudaba porque o comería. Como o crocodilo choraba, Bamako sentiu pena e preguntoulle: "se te levo, ti despois axudarasme a cruzar o río?" "Fareino! Palabra de crocodilo". Bamako cargou co crocodilo e non parou ata chegar ao río...
Segundo vaiamos lendo veremos que van intervir outros animais. Na tradición oral africana hai moitas historias que falan da relación do home coa natureza e nelas os animais adquiren un carácter simbólico para mostrarnos a súa relación co home.
Este libro fálanos da importancia da credibilidade, de cumprir os compromisos pactados, de se somos dignos de confianza ou non, de que confíen na nosa palabra, e sobre todo da necesidade do respecto aos animais e á natureza.
- Mozos/as e adultos/as:
La noche de la Usina Eduardo SacheriAlfaguara
Premio Alfaguara de Novela 2016
Narra a historia de oito veciños estafados por un empresario (de acordo co director dun banco) dunha pequena vila arxentina chamada O’Connor, xusto un día antes de que comece o “corralito bancario” e a crisis económica de Arxentina de finais de 2001.
Estas persoas xuntaron os seus aforros coa intención de montar unha cooperativa, pero, a inmobilización dos depósitos déixaos totalmente sen recursos e a algúns en moi mala situación económica. A cooperativa tiña como obxectivos construír uns silos para a produción agraria da zona, proporcionarlle traballo a algunha poboación e darlle algo de vida á localidade que estaba en decadencia total. Coa incautación xeral dos aforros quedan sen cartos para continuar, polo que queren recuperar o perdido...
O autor, cun delicioso humor negro, preséntanos uns personaxes moi distintos pero todos entrañables, perdedores desta crise, que van loitar con rabia contra o que é inxusto.
Unha obra con moito humor e un trasfondo crítico e de suspense que fai pasar momentos moi divertidos.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
Actividades de promoción da lectura: de 29 de maio a 2 de xuño de 2017
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello, de 29 de maio a 2 de xuño:
Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Luns 29 de maio:
- 1ª sesión: 9:20 h. - 5 anos A e B do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
- 2ª sesión: 10:20 h. - 5 anos C do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"Festas en Lonxedetodo", a cargo da Compañía Trinke Trinke.
Venres 2 de xuño:
- 10:20: 4º C de EP do CEIP Valle-Inclán (Perillo)
"Obradoiro de ilustración", con Óscar Villán.
Na Biblioteca Rosalía de Castro / As Torres (Santa Cruz)
Martes 30 de maio:
- 1º de bacharelato do IES Miraflores (Oleiros) e 3º de ESO do IESP Neira Vilas (Perillo)
"Roteiro cultural 2017: pintor Manuel Abelenda, escritor Xosé Neira Vilas e pintora María
del Adalid".
Mércores 31 de maio:
- 4º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz) e 6º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera)
"Roteiro cultural 2017: pintor Manuel Abelenda, escritor Xosé Neira Vilas e pintora María
del Adalid".
Na Biblioteca Manuel María (Oleiros)
Martes 30 de maio:
- 10:10: 4 anos A do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Contos" coa actriz e contacontos Soledad Felloza.
Mércores 31 de maio:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 5 anos A e B do CEIP Rabadeira (Oleiros)
- 2ª sesión: 11:20 h. - 5 anos C do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Contos para desafiar as tres bestas pardas", coa actriz e contacontos Paula Carballeira.
Xoves 1 de xuño:
- 1ª sesión: 10:40 h. - 2º A de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
- 2ª sesión: 11:40 h. - 2º B de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"Festas en Lonxedetodo", con Trinke Trinke.
Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros

23/5/17
Tertulia literaria en Rialeda: 24 maio 2017 (Grupo A)
Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)17,30 a 19,30 h.
Comentario de "Mentiras de mujeres" de Liudmila Ulítskaya
Documentación
A seguinte obra programada é "Dar la vida y el alma" de Marina Mayoral
19/5/17
Recomendacións en Radioleiros: 19 maio 2017
- Infantil (nenas-os a partir de 6 anos):"A galiña azul" de Carlos Casares. Editado por Galaxia.
A galiña de Leoncio ten unha cor diferente e canta doutro xeito por iso o alcalde, Manolito Listón quere desfacerse dela. Leoncio, un tolo moi cordo que inventa canóns que disparan caramelos e bombas da felicidade, a formiga esquiadora... personaxes tenros e inesquecibles cos que Carlos Casares desliza a súa mensaxe contra a intolerancia e a inxustiza.
- Mozas-os e adultas-os:
"Amor é unha palabra coma outra calquera" de Francisco Castro. En Galaxia.
Carla acaba de ser abandonada polo seu home. De súpeto dáse de fociños cunha nova situación e a crúa realidade dille que a súa vida xirou ao redor da valía profesional e persoal de Xabier, mentres ela asentía e calaba… É hora de que Carla escriba a súa propia historia.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
Actividades de promoción da lectura: de 22 a 26 de maio 2017
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello de 22 a 26 de maio:
Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo
Luns 22 de maio:
- 10:20 h. - 3º e 4º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós)
"As laranxas máis laranxas", a cargo de Soledad Felloza.
Mércores 24 de maio:
- 10:20 h. - 3 anos do CEIP Juana de Vega (Nós)
"Cacaracá", a cargo de Soledad Felloza.
Na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz
Martes 23 de maio:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 3º A e B de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
- 2ª sesión: 11:20 h. - 4º A e B de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"As laranxas máis laranxas", a cargo de Soledad Felloza.
Mércores 24 de maio:
- 10:50 h. - 2º de ESO do IES Miraflores (Oleiros)
"Clío, a musa excéntrica", a cargo de Ramiro Neira.
Na Biblioteca Manuel María de Oleiros
Xoves 25 de maio:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 1º A e B de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
- 2ª sesión: 11:30 h. - 1º C de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"As laranxas máis laranxas", a cargo de Soledad Felloza.
Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros
Na Biblioteca Central Rialeda de Perillo
Luns 22 de maio:
- 10:20 h. - 3º e 4º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós)
"As laranxas máis laranxas", a cargo de Soledad Felloza.
Mércores 24 de maio:
- 10:20 h. - 3 anos do CEIP Juana de Vega (Nós)
"Cacaracá", a cargo de Soledad Felloza.
Na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz
Martes 23 de maio:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 3º A e B de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
- 2ª sesión: 11:20 h. - 4º A e B de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"As laranxas máis laranxas", a cargo de Soledad Felloza.
Mércores 24 de maio:
- 10:50 h. - 2º de ESO do IES Miraflores (Oleiros)
"Clío, a musa excéntrica", a cargo de Ramiro Neira.
Na Biblioteca Manuel María de Oleiros
Xoves 25 de maio:
- 1ª sesión: 10:10 h. - 1º A e B de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
- 2ª sesión: 11:30 h. - 1º C de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros)
"As laranxas máis laranxas", a cargo de Soledad Felloza.
Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros
12/5/17
Actividades infantís en Bibloleiros: de 15 a 19 de maio 2017
Todas as actividades son ás 18:30!!!Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 15 de maio
Para nenas-os de 4 a 6 anos
CONTACONTOS: Marisa Irimia
TÍTULO: “Contos miudiños con Carlos Casares” Letras Galegas
Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 16 de maio
Para nenas-os de 4 a 8 anos
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Contos e esgalla!” Letras Galegas
Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 18 de maio
Para nenas-os de 4 a 6 anos
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “Contos de laranxas azuis” Letras Galegas
Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé
Xoves 18 de maio
Para nenas-os de 4 a 8 anos
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “De illas e tesouros Galicia está chea”
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 19 de maio
Para nenas-os de 4 a 6 anos
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Non é ningún conto!” Letras Galegas
Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
Venres 19 de maio
Para nenas-os de 4 a 8 anos
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “O carteiro en bicicleta” Letras Galegas
Máis información das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros http://bibliotecasoleiros.blogspot.com e en twitter @bibloleiros
Recomendacións en Radioleiros: 12 maio 2017
- Infantil (nenas-os a partir de 9 anos):"Poemar o mar" de Antonio García Teijeiro. Ilustracións de Xan López Domínguez. En Xerais.
Un delicioso libro de poemas para nenos/as que forma parte da triloxía das obras poéticas que o autor lle dedica ao mar: En la cuna del mar e Palabras do mar. Nas tres o gran protagonista é o mar e preséntanos un mar no que todo é posible: un mar triste, un mar que canta, que desexa, que cala segredos, que soña, que escoita...
Este fermoso poemario xunto coas expresivas e imaxinativas ilustracións de Xan López Domínguez fan deste libro unha harmoniosa e delicada obra.
- Mozas-os e adultas-os:
"O sol do verán" de Carlos Casares. Editado por Galaxia.
É unha historia dun amor imposible. Ao principio presenta unha cita de Albert Camus “A verdade do ser e do sentir” que apunta á cuestión central da trama. Consta de nove capítulos cunha estrutura ben construída e unha linguaxe moi traballada.
Estamos no verán de 1968. A narración comeza co suicidio de Carlos (un dos protagonistas) con tan só 27 anos. Pégase un tiro na casa da súa amiga Helena. A partir deste feito, ela irá narrando os momentos vividos naquela casa de Beiro onde pasaron moitos
días xuntos durante a súa infancia e adolescencia, ao mesmo tempo que coñeceremos unha complexa trama de relacións familiares e amorosas. Todo o que iremos percibindo será o que Helena nos irá contando. A narración é fragmentaria, coa asociación subxectiva de lembranzas entrelazadas.Ángel Basanta define esta obra como unha “novela lírica de amor e morte”. Un relato que achega ao autor á súa infancia na localidade de Beiro. Unha obra moi fermosa, como din na editorial Galaxia “un canto melancólico á beleza, á xuventude e á plenitude da vida e da memoria”.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)