19/4/24
Hora do conto: 22 a 26 de abril de 2024
Recomendacións en Radioleiros: 19 abril 2024

O elefante que perdeu o seu ollo, de Boniface Ofogo. Ilustrado por Marc Taeger
Kalandraka
Unha adaptación dun conto tradicional africano que o escritor camerunés recupera para achegarnos esta bonita historia cargada de mensaxe.
Cada día, un elefante africano xogaba a quitarse un ollo e a lanzalo como se fose unha pelota. Pero nunha destas, chutouno tan alto que o ollo caeu no río. Desesperado, o elefante pediu axuda, primeiro, aos animais que vivían no río e despois aos do bosque e a sabana. Ninguén vira o seu ollo. Ante a desesperación do elefante, unha nena que o vira todo, achegouse ao animal e bisboulle as palabras máis sabias que se lle poden dicir a calquera que estea atravesando por un problema.
- Mocidade e público adulto:
Denuncia inmediata, de Jeffrey EugenidesAnagrama
Versión dixital en eBiblio
Trátase dunha recopilación de 10 relatos que Eugenides foi escribindo ao longo de tres décadas. Os que abren e pechan o libro son os últimos que escribiu. A pesar da distancia no tempo entre os distintos relatos, pódense observar temas moi definidos. O choque cultural entre oriente e occidente, a falacia do soño americano, a crise ou o fracaso e a mediocridade sobrevoan todos os relatos. E sobre todo, a TENTACIÓN, con maiúsculas. Todos os protagonistas sofren o prurito da tentación.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
Actividades de promoción da lectura: 22 a 26 de abril 2024
Ler para saber A CIENCIA: 19 de abril 2024

Charla de divulgación científica dirixida ápoboación infantil (a partir de 10 anos), adolescentes e público en xeral.
17/4/24
18 de abril: "Ao faro". Roteiro literario pola costa de Mera coa escritora Silvia Salgado
"Paisaxe e faro, unha fascinación artística"
Xoves 18 de abril, ás 11 h.
Saída desde a Biblioteca Municipal "Mª José Trincado" de Mera.
Camiñarase polo paseo marítimo e pola costa, con paradas e lecturas en voz alta e comentadas, ata chegar aos faros de Mera.
Aforo limitado a 20 persoas. Imprescindible reservar praza:
Na biblioteca Rialeda ou chamando por teléfono ao 981 639 511.
Actividade dirixida a persoas mozas e adultas ás que lles guste camiñar, con inquietudes pola literatura e a fotografía, principalmente pola que xira en torno a un faro.
Falarase da relación entre literatura e fotografía:
Do diálogo que se pode establecer entre esas dúas disciplinas artísticas e tamén de como a literatura nos achega dunha maneira particular a unha obra e ao seu mundo.
Da beleza da paisaxe e o seu protagonismo en moitas historias.
Do paseo como evocador de narracións.
Camiñaremos e lembrarémonos de Sofía Casanova.
Da fascinación artística que sentiron, en direccións opostas, algúns escritores e escritoras.
Da influencia que os faros tiveron na literatura e na arte, en xeral.
Leranse fragmentos e poemas de:
Sofía Casanova (Quiero Galicia en tu adorado seno, do poema Anhelo)
Celso Emilio Ferreiro (Longa noite de pedra)
Miguel Hernández (Escribí en el arenal)
Luis Cernuda (Soliloquio del farero)
Virginia Wolf (Al faro)
Edgar Allan Poe (El faro)
Ray Bradbury (La sirena en la niebla)
Jazmina Barrera (Cuaderno de faros)
Jeanette Winterson (La niña del faro)
Silvia Salgado é veciña do municipio de Oleiros, licenciada en Ciencias políticas pola UAB. Ten un posgrado en Xornalismo acreditado pola Universidade Columbia de Nova York. Compaxinou o seu traballo en comunicación e recursos humanos coa súa paixón pola escritura. Obras dela publicadas son: Si te vuelves invierno, Mientras hilan las mariposas, La aldea, Verde en el tejado, El intermedio que somos e o conto infantil Cuéntame un cuento, yo te lo pinto.
Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, ata completar o aforo, para que gocen coa palabra e coa paisaxe desta fermosa localidade.
Acompañádenos! Agardámosvos!
16/4/24
Tertulia literaria en Rialeda: mércores 17 abril 2024 (Grupo A)

17:30 a 19:30 h.
Sesión moderada por Rosa García Vilariño, profesora xubilada de lingua e literatura galegas.
Comentario de "Materia" de Yolanda Castaño.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "De bestias y aves" de Pilar Adón.
15/4/24
Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 16 abril 2024 (Grupo B)

"Rosalía de Castro". Santa Cruz.
17:30 a 19 h.
Sesión moderada por Cecilia Monllor.
Comentario de "A corazón abierto" de Elvira Lindo.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "Sobre los huesos de los muertos" de Olga Tokarczuk.
Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 16 abril 2024 (Grupo C)

"Rosalía de Castro". Santa Cruz.
11 a 12:30 h.
Sesión moderada por Silvia Salgado.
Comentario de "La mancha humana" de Philip Roth.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "Mulleres e poetas galegas": escolma de textos poéticos seleccionados pola biblioteca para celebrar as Letras Galegas 2024.
12/4/24
Sábado 13 abril 2024: Celebración do 25 aniversario das Tertulias Literarias en Rialeda
Mención especial para Cecilia Monllor, benquerida moderadora desde os inicios, profesional sen a cal a actividade non tería acadado o éxito, lonxevidade e a fidelidade de tantas e tantos participantes ao longo dos anos. Moitas grazas, Cecilia!
Máis recente, desde 2014, Rosa García Vilariño, profesora xubilada de lingua e literatura galegas, pon a súa ampla experiencia e agarimo na selección e moderación das lecturas en lingua galega. Parabéns, Rosa!

E como non, o máis importante, o fío tecedor da actividade, as ducias e ducias de participantes cuxa paixón polos libros foi artellando este fermoso camiño que continúa na actualidade. Unha aperta moi grande para todas e todos! Grazas mil.
Para conmemorar o aniversario, presentamos un programa de visitas destinado a todas as persoas que participen ou teñan participado na Tertulia de Rialeda (imprescindible inscrición previa na biblioteca):
9:30 h. Punto de encontro: Biblioteca Central Rialeda.
9:50 h. Traslado en autobús ao Castelo de Santa Cruz.
10:15 a 11 h. Visita ao Castelo de Santa Cruz. Breve explicación sobre a historia do castelo por Carmen Borobio. Panorámica da exposición: Obxectomanía, unha historia singular do coleccionismo, por Xoán Fontaíña. Os castelos na literatura, por Silvia Salgado.11 h. Saída do Castelo.
11:10 h. Traslado en autobús ao Pazo de Xaz.

11:30 a 12:20 h. Visita ao Pazo de Xaz. Xaz, pazo e casa grande: Manuel Pardo de Andrade, intelectual liberal ilustrado, por Rosa García Vilariño. Vida, pazos e literatura: unha fascinación, por Silvia Salgado. A orella dereita de Antón de Leiva, adaptación dun relato da obra "Os outros feirantes" de Álvaro Cunqueiro por Ramiro Neira (Artestudio Teatro)12:20 h. Traslado en autobús ao Pazo do Río.12:35 a 13:35 h. Visita ao Pazo do Río. Semblanza literaria dos 25 anos dos clubs de lectura, por Cecilia Monllor-Martínez. Lembranza literaria galega, por Rosa García Vilariño. O paraíso perdido, María Casares en Galicia, pola actriz Isabel Martínez-Risco. Concerto para frauta, a cargo de Claudia Walker Moore.
13:35 h. Remate do Roteiro. Traslado en autobús á Biblioteca Central Rialeda.
Hora do conto: 17 a 19 de abril de 2024
Recomendacións en Radioleiros: 12 abril 2024
Actividades de promoción da lectura: 16 a 19 de abril 2024
9/4/24
Tertulia literaria en Rialeda: mércores 10 abril 2024 (Grupo B)


Biblioteca Central Rialeda. Perillo.
17:30 a 19:30 h.
Sesión moderada por Cecilia Monllor.
Comentario de "Corazón tan blanco" de Javier Marías.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "Árbol del olvido" de Nancy Huston.
8/4/24
Tertulia literaria en Santa Cruz: mércores 9 abril 2024 (Grupo A)

"Rosalía de Castro". Santa Cruz.
17:30 a 19 h.
Sesión moderada por Cecilia Monllor.
Comentario de "Denuncia inmediata" de Jeffrey Eugenides.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "Los reyes de la casa" de Delphine de Vigan.
7/4/24
Tertulia literaria en Mera: luns 8 abril 2024 (Grupo A)

19 a 20:30 h.
Sesión moderada por Cecilia Monllor.
Comentario de "Lejos" de Rosa Ribas.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "A nena do abrigo de astracán" de Xabier P. Docampo.















