17/1/20

Recomendacións en Radioleiros: 17 xaneiro 2020

https://youtu.be/he33Ob1PNrw
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1542597&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (a partir de 4 anos):

Porque te quero moito, de Milja Praagman
Hércules

Nesta historia acompañaremos a Ibi e á súa avoa nun paseo pola cidade.
Montaremos en metro, veremos tendas de roupa, visitaremos a panadaría ou a pastelaría. Tamén entraremos no museo e iremos xogar ao parque. Viviremos un día intenso e esgotador. De regreso a casa, a avoa pregúntalle a Ibi todo o que veu e a pequena relata todo ese mundo cheo de luces, de animais e de xente diferente. Pero o máis bonito e tenro chega cando Ibi lle fai a mesma pregunta á súa avoa.


Un libro moi interesante, sobre todo se o len o avó ou a avoa aos-ás cativos-as. Un conto que reivindica, en certo modo, a súa figura, tan importante na crianza dos nosos pequenos e pequenas.

- Mozas/os e adultas/os:
 
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=formula+preferida+profesor+yoko+ogawa&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas+P%C3%BAblicas+Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE
La fórmula preferida del profesor, de Yoko Ogawa
Funambulista

Unha empregada doméstica, nai solteira, cun fillo de dez anos, entra a traballar na casa dun profesor de matemáticas de sesenta e catro anos que sufrira un accidente de tráfico dezasete anos atrás. Este accidente afectoulle á memoria recente, de xeito que só é capaz de lembrar o que pasou nos últimos oitenta minutos. Con todo, conserva a memoria anterior ao accidente. Así, a súa capacidade matemática e os vellos recordos están intactos.
Pouco a pouco, vaise forxando entre os tres protagonistas unha amizade baseada en dous pilares: as matemáticas e o béisbol.
As lectoras e lectores amantes dos números disfrutarán moito coa súa lectura e os máis profanos atoparán unha forma divertida e diferente de velos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

16/1/20

Club Xuvenil de Literatura Fantástica en Rialeda: 17 xaneiro 2020

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjma7LygDwu5H0NZuUbSEogAXB6i3VgevTDj9kRe48MuNi8aICEQZR0Fn73hjeiNLpJSnatL-7QDVmbHGZ3L6TMRuzZ7Jj4MW3GUV4jAM0E6-GSvSAzxpVILaYXQo_OiL2zMXs9D82Jj8g/s200/logo+CXLF+blog+e+web+250p.jpg
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=castillo+ambulante+jones&branch_group_limit_txt=&branch_group_limit=Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades) 18,30 a 20 h.

Comentario de El castillo ambulante, de Diana Wynne Jones

Seguinte lectura: "El libro de los portales" de Laura Gallego

Aínda quedan prazas! se tes entre 12 e 17 anos chama ao teléfono 981 639 511, achégate á biblioteca ou envía un correo electrónico a biblioteca.rialeda@oleiros.org

10/1/20

Recomendacións en Radioleiros: 10 xaneiro 2020

https://youtu.be/C7x7C1JUWBk
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1507828&viewallitems=1&offset=20&homebranch=&ob=branchname&sb=ASC- Infantil - xuvenil:
"Inventario ilustrado de froitas e verduras", texto de Virginie Aladjidi e ilustracións de Emmanuelle Tchoukriel. En Factoría K de libros.
Máis dun cento de froitas e verduras comentadas, tanto as silvestres como as que traballan as-os agricultoras-es, aportando unha gran variedade para fomentar a diversidade e completado coas magníficas ilustracións de Emmanuelle Tchoukriel.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1049404&branch_group_limit_txt=Oleiros%20-%20Biblioteca%20Central%20Rialeda&branch_group_limit=branch%3AOLE1- Mozas-os e adultas-os:
"Órdenes sagradas" de Benjamin Black. Editado por Alfaguara.
O Dublín dos anos cincoenta tráenos outra trama negra de Quirke: pubs, cervexas, o ambiente da igrexa católica omnipresente, a presenza da súa filla... nunha historia que comeza ao atoparse no río o cadáver dun xornalista. Do mellor da novela de intriga contemporánea.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

7/1/20

Recomendacións en Radioleiros: 3 xaneiro 2020

https://youtu.be/k2ICkZxc8i0
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1480725&viewallitems=1&offset=20&homebranch=ALL&ob=branchname&sb=ASC- Infantil (nenas-os maiores de 5 anos): 
"O Nadal de Ernesto e Celestina" de Gabrielle Vincent. Editado por Kalandraka.
Desta volta, Celestina está emocionada coa chegada do Nadal. A súa proposta de facer unha festa coas súas-seus amigas-os non é moi ben recibida por parte do seu amigo Ernesto, máis preocupado polo frío e polo presuposto necesario para a celebración. Pero Celestina pode ser unha ratiña moi convincente...

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1489548&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20mejor%20la%20ausencia- Mozas-os e adultas-os:
"Mejor la ausencia" de Edurne Portela. En Galaxia Gutenberg.
Historia dunha familia vasca nos tempos máis duros do terrorismo de ETA narrada pola filla máis pequena que anos despois volve ao pobo no que foi testemuña de reunións clandestinas e ameazas, pero tamén doutros tipos de violencia familiar e patriarcal que camiñaban da man das drogas, o alcol e os abusos sexuais. De aí o título da novela, mellor ausente que unha presenza que asfixia, que pode ferir e incluso matar.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

2/1/20

2º trimestre no grupo A da Tertulia Literaria en Rialeda

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-31533.pdfBiblioteca Central Rialeda
Hora: 17,30 a 19,30

Grupo A - Programación 2º trimestre:

La vida negociable, de Luis Landero
Elisa e Marcela, de Narciso de Gabriel
A flor de piel, de Javier Moro
La flor púrpura, de Chimamanda N. Adichie
La librería ambulante, de Christopher Morley
La impaciencia del corazón, de Stefan Zweig

Datas:
Xaneiro: días 15 e 29
Febreiro: días 12 e 26
Marzo: días 11 e 25

Prazas esgotadas. Inscrición na listaxe de agarda

2º trimestre no grupo B da Tertulia Literaria en Rialeda

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias?updated-max=2019-04-09T09:47:00%2B02:00&max-results=20&start=40&by-date=false
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-31532.pdfBiblioteca Central Rialeda
Hora: 17,30 a 19,30

Grupo B - Programación 2º trimestre:

La sonrisa etrusca, de José Luis Sampedro
Home sen nome, de Suso de Toro
Órdenes sagradas, de Benjamin Black
Dublineses, de James Joyce
Madres e hijas, de Laura Freixas
Manual para mujeres de la limpieza, de Lucia Berlin

Datas:
Xaneiro: días 8 e 22
Febreiro: días 5 e 19
Marzo: días 4 e 18

Prazas esgotadas. Inscrición na listaxe de agarda

2º trimestre no grupo A da Tertulia Literaria en Santa Cruz

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias?updated-max=2016-11-15T16:10:00%2B01:00&max-results=20&start=180&by-date=false
Xaneiro: día 14
Febreiro: días 4 e 18
Marzo: días 10 e 24

Prazas esgotadas. Inscrición na listaxe de agarda.

2º trimestre no grupo B da Tertulia Literaria en Santa Cruz

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-31530.pdfBiblioteca e Centro de Documentación da Muller
"Rosalía de Castro". Santa Cruz
Hora: 17,30 a 19 h.

Grupo B - Programación 2º trimestre

Tierra desacostumbrada, de Jhumpa Lahiri
El proyecto esposa, de Graeme Simsion
Antoloxía do conto galego: século XX
Paisajes de invierno, de Milagros Frías

Datas:
Xaneiro: día 21
Febreiro: día 11
Marzo: días 3, 17 e 31

Prazas esgotadas. Inscrición na listaxe de agarda.

Club de Lectura de Literatura Fantástica en Rialeda: programación xaneiro - maio 2020

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Club%20de%20lectura%20de%20Literatura%20Fant%C3%A1stica
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-31610.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
18,30 a 20 h.

Programación 2º semestre

Circe, de Madeline Miller
El castillo ambulante, de Diana Wynne Jones
La mujer del viajero en el tiempo, de Audrey Niffeneger
Fundación, de Isaac Asimov

Datas:
Xaneiro: día 31
Febreiro: día 28
Marzo: día 27
Abril: día 27
Maio: día 29

27/12/19

Recomendacións en Radioleiros: 27 decembro 2019

https://youtu.be/OLO6BAb0CEM
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=Malena+Ballena&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas+P%C3%BAblicas+Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (nenas-os de 6 a 8 anos):
"Malena Ballena" texto de Davide Calì. Ilustracións de Sonja Bougaeva. En Libros del Zorro Rojo.
Malena é unha nena cuns kilos de máis e bastante acomplexada. Dáselle moi ben a natación pero cada vez que se lanza á piscina, as súas compañeiras búrlanse dela berrándolle, Malena é unha balea! Un día, o profesor de natación, observando o problema de Malena, fala coa ela despois da clase. Dalle un sabio consello: Malena, dille, “cada un de nós somos o que pensamos que somos.” A partir desa conversa, a vida da nena cambia ao pensar que é lixeira coma unha sardiña ou que pode entrar na auga coma un foguete e non salpicar. Malena Ballena é un claro exemplo de superación adaptado ás nenas e nenos que empezan a ler.

- Mozas-os e adultas-os:
"El intermedio que somos" de Silvia Salgado. Editado por Excellence by Angels Fortune.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1793318&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLENarra a vida dunha familia. A de Amanda e Laura, nai e filla que nos irán conducindo a dúas voces por ese mundo de claros e sombras que toda familia posúe. Unha familia, que podería ser calquera das nosas. Pero acontece algo, un trauma que desestabiliza todo e que obriga á familia a recompoñerse. Para facelo, deciden marchar a Brétema, un pobo que constitúe aquel refuxio ao que ir cando precisas volver a reencontrarte contigo mesmo.
Relacións familiares, traumas, síndromes, amores rotos, novos amores e a valentía. A valentía de dúas mulleres de idades moi diferentes que nos transmiten unha mensaxe de esperanza. Porque na vida hai  momentos duros pero tamén hai portas que se abren cara Brétema e nos permiten encher os nosos pulmóns de correntes de aire fresco, de vida. Unha lectura moi recomendable para estas datas nas que rematamos un ano e nos preparamos para recibir ao seguinte.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

23/12/19

Nadal 2019: calendario das bibliotecas

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/2019/12/nadal-2019-calendario-das-bibliotecas.html

Informamos ás nosas usuarias e usuarios do calendario de días de peche ao público das Bibliotecas Municipais de Oleiros durante os meses de decembro de 2019 e xaneiro de 2020 polas festas de Nadal e Reis.

Biblioteca Central Rialeda:
Pechada os días 24, 28, 31 de decembro e 4 de xaneiro.

Biblioteca Municipal Rosalía de Castro. Santa Cruz:
Pechada os días 24, 28, 30, 31 de decembro e 4 de xaneiro

Biblioteca Municipal Mª José Trincado. Mera
Pechada os días 24, 30, 31 de decembro e 2 de xaneiro.

Biblioteca Municipal Manuel María. Oleiros:
Pechada o día 24, 28 e do 30 de decembro ao 4 de xaneiro (incluídos).

Biblioteca Municipal Mª José Ruso. Dorneda:
Pechada do 23 ao 27 de decembro (incluídos), 31 de decembro e 7 de xaneiro.

Biblioteca Municipal Ánxel Fole. Nós:
Pechada do 23 ao 27 de decembro (incluídos) e 31 de decembro.

Biblioteca Municipal Xograr Mendiño. Lorbé:
Pechada do 20 de decembro ao 7 de xaneiro (incluídos)

Pregamos desculpen as molestias.

Aproveitamos para transmitir os nosos mellores desexos de saúde, felicidade e prosperidade; que o vindeiro ano traia boas novas e un mundo de ilusións e proxectos convertidos en realidades.