13/4/18

Actividades de promoción da lectura: de 16 a 20 de abril 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27835.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 16 a 20 de abril:

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 
Luns 16 de abril:
- 10:15: Alumnas-os de 5º de Primaria do
CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Obradoiro de banda deseñada" con Manel Cráneo. 
Martes 17 de abril: 
- 10:15: Alumnas-os de 5º de Primaria do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Obradoiro de banda deseñada" con Manel Cráneo.
Mércores 18 de abril:
- 10:15: Alumnas-os de 5º de Primaria do
CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Obradoiro de banda deseñada" con Manel Cráneo.
Xoves 19 de abril:
- 10:15: Alumnas-os de 4º de Primaria do
CEIP Juana de Vega (Nós).
"Menú de contos",
con Charo Pita.

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) 
Martes 17 de abril:
- 10:35: Alumnas-os de 4º de ESO
do IES María Casares (Santa Cruz).
"Contos de Emilia Pardo Bazán" con Soledad Felloza. 
Mércores 18 de abril:
- 10:15: Alumnas-os de 5º de Infantil do CEIP Luís Seoane (Mera).
- 12:00: Alumnas-os de 6º de Infantil do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Saúde afectiva: o rato Fuco quere aprender a querer", con Trinke Trinke. 
Xoves 19 de abril:  
- 10:15: Alumnas-os de 1º de Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
- 11:15: Alumnas-os de 2º de Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"Saúde afectiva: o rato Fuco quere aprender a querer", con Trinke Trinke. 
Venres 20 de abril:  
- 10:15: Alumnas-os de 5º de Primaria do
CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"Sensacións debuxadas", con Manel Cráneo.

Recomendacións en Radioleiros: 13 abril 2018

https://youtu.be/2tEXTRMzFwU
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1424441- Xuvenil (a partir de 12 anos):

Las aventuras agrícolas de un cockney, de Virginia Woolf
Nordica Libros

Neste breve libriño aparecen dúas historias: Las aventuras agrícolas de un cockney e Las aventuras de un padre de familia que é a secuela da primeira. Foron escritas por Virginia Woolf cando tiña entre 10 e 13 anos e é a primeira vez que se publican en castelán. Nárrase a historia dun novo matrimonio que vivía no East End londinense e deciden trasladarse a vivir ao campo. Mostra como o home intenta traballar por sí mesmo na granxa sen poder logralo. Todo está narrado polo torpe esposo e hai pasaxes realmente graciosas.

- Mozos/as e adultos/as:
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1250713 
Luns, de Eli Ríos
Xerais

A protagonista desta novela é Nerea, unha muller a piques de cumplir os coarenta anos, casada e con 2 fillos á quen lle acaban de diagnosticar un cancro de mama. O título do libro, Luns, refírese ao día da semana no que lle dan o diagnóstico e empeza a conta atrás de Nerea á que lle dan 2 meses de vida. En vez de compadecerse de sí mesma, intenta organizar todo para cando ela non estea. Unha novela tan visceral, escrita dende tan adentro, sen intermediarios, sen narración en terceira persoa, que o/a lector/a adéntrase no relato todo o tempo e as emocións chegan sen filtros.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

9/4/18

Abril, mes dos libros 2018, en Bibloleiros

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27858.pdf
Presentámosche unha serie de actividades para o mes do libro e da lectura. As sete bibliotecas municipais acollerán diversas propostas para todas as idades, tanto público en xeral como para o alumnado dos centros educativos do Concello.
 
Os "Fogóns poéticos" de Isabel Andrés, o "Espectáculo poético visual" de Yolanda Castaño, os contos de Pablísimo, Caxoto, Charo Pita, Soledad Felloza. Os obradoiros de Manel Cráneo, Óscar Villán, Miguel Cuba, encontro literario coa escritora Ledicia Costas, serán algunhas das actividades nas que poderán participar nenas-os e xoves.
 
Ademáis, exposicións temáticas e contacontos con Pavís - Pavós, Paula Carballeira e moit@s máis, obradoiros para a inclusión social, o espectáculo “O Xigante” de Elefante Elegante, a nosa participación na campaña Libros para sermos libres, da Deputación da Coruña e moitas actividades máis, completarán o noso mes do libro e da lectura.
 

"Libros para soñar": a expo itinerante de Kalandraka estará a partir de hoxe na Ánxel Fole de Nós!!!

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-27640.pdf
http://www.galix.org/2018/04/feliz-dia-internacional-do-libro.htmlPara conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e o vixésimo aniversario da editora Kalandraka, do 6 ao 16 de abril poderás ver a exposición itinerante de 80 libros infantís e xuvenís publicados pola editorial Kalandraka na Biblioteca Municipal "Ánxel Fole" (Nós). 

Moitos deles son obras clásicas da literatura infantil e xuvenil, entre os que podemos destacar títulos como: O coelliño branco, A cebra Camila, A que sabe a lúa?, A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza...
 
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-27640.pdf
A visita á exposición é libre. Esta expo viaxará despois á Biblioteca Municipal "Mª José Trincado" (Mera). Cada exposición vai acompañada dunha actuación que ten aforo limitado. É imprescindible reservar praza na biblioteca correspondente ou chamando por teléfono. O prazo de inscrición é de 10 días antes da data de celebración.

Tertulia literaria en Santa Cruz: 9 abril 2018

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-27527.pdfBiblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
17,30 a 19 h.

Comentario de "La habitación de Nona" de Cristina Fernández Cubas

Seguinte lectura: "Tantos días felices" de Laurie Colwin

6/4/18

Hora do conto e actividades infantís: 9 a 13 de abril 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27478.pdf
Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso. (Dorneda)
Luns 9 de abril, ás 18:30        
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “A viaxe de Lup”   
 

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. (Santa Cruz)
Mércores 11 de abril,
ás 17:30      
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
MONITORADO: OQO
OBRADOIRO: “.Coas mans na masa”

Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
Xoves 12 de abril,
ás 18:30               
Para nenas-os de 1 a 3 anos   
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Pavís - Pavós
TÍTULO: “Contos para bebés”   

 
Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. (Nós)
Venres 13 de abril,
ás 18:30  
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Un libro baixo a almofada”   

Recomendacións en Radioleiros: 6 abril 2018

https://youtu.be/aQ6HILLgwCc
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1241163&viewallitems=1&offset=20&homebranch=&ob=barcode&sb=ASC - Infantil (nenas-os a partir de 10 anos):
"A cazadora de estrelas" texto de María Canosa e ilustracións de Dani Padrón. Editado por Xerais.
Nun mundo fantástico vive Megumi, unha das mellores cazadoras de estrelas da súa comunidade, as súas frechas trazan no ceo o debuxo dun arco ata cravarse no medio das estrelas máis pequeniñas e máis brillantes. Ademáis dunha boa tiradora de frechas é tamén unha boa amazona, para o que conta coa axuda de súa egua Turrón, as dúas forman un equipo, a Megumi lle gusta dicir que forman un só corpo. Cando corren transfórmanse nun centauro.
- Mozas-os e adultas-os:
"Punto de fuga" de Miguel Cuba. En Demo.
Mateo representa o típico xove de clase media que chega ao mundo laboral desde a universidade e dase conta da realidade do mundo do traballo e da sociedade. Esta situación cercana a calquera lectora-o fai que o entendamos e nos identifiquemos con el. Un xove que
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=938562se imaxina a si mesmo triunfando no mundo da arte, rodeado de intelectuais con grandes ideas e proxectos pero que vive dun traballo que aborrece dando clases de debuxo e que como moitas-os xoves ten que pensar en esquecer os seus soños e dedicarse a ser infelizmente normal…

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: de 9 a 13 de abril 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27835.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 9 a 13 de abril:

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 
Martes 10 de abril:
- 9:30 e 10:45: Alumnas-os de 6º de Primaria do
CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Cando petan na porta pola noite" con Caxoto. 
Mércores 11 de abril: 
- 10:20 e 12:00: Alumnas-os de 5º e 6º Infantil do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Bechos e máis bechos", con Charo Pita.
Xoves 12 de abril:
- 10:15: Alumnas-os de 5º de Infantil do
CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Poemas de la oca loca e máis versos de Gloria Fuertes",
con Soledad Felloza.
Venres 13 de abril:
- 10:15: Alumnas-os de 3º de Primaria do
CEIP Juana de Vega (Nós).
"Obradoiro de ilustración",
con Óscar Villán.

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) 
Luns 9 de abril:
- 16:30: Alumnas-os de 1º de ESO
do IESP Neira Vilas (Perillo) e do IES Miraflores (Oleiros).
"Encontro literario" coa escritora Ledicia Costas. 
Martes 10 de abril:
- 10:15 e 11:45: Alumnas-os de 3º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).
"Cen anos de maxia: Merlín e familia", con Soledad Felloza.
Mércores 11 de abril:  
- 10:15 e 11:20: Alumnas-os de 4º e 5º de Infantil do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"Mans", a cargo de Pablísimo. 
Xoves 12 de abril:  
- 10:15: Alumnas-os de 6º de Primaria do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Espectáculo de contos marabillos", a cargo de Charo Pita.
- 12:30: Alumnas-os de 3º e 4º de ESO do IES Miraflores (Oleiros).
"Conferencia sobre Mª Victoria Moreno", a cargo de Montse Pena.
Venres 13 de abril:  
- 10:15: Alumnas-os de 2º de Primaria do CEIP Luís Seoane (Mera).
"Saúde afectiva: o rato Fuco quere aprender a querer", con Trinke Trinke. 

Na Biblioteca Manuel María (Oleiros) 
Martes 10 de abril:
- 10:15: Alumnas-os de 3º de Primaria
do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Menú de contos",
con Charo Pita.
Mércores 11 de abril:
- 10:15: Alumnas-os de 5º de Primaria
do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Obradoiro de ilustración", con
Xosé Tomás.
Xoves 12 de abril:
- 10:15: Alumnas-os de 5º de Primaria
do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Obradoiro de ilustración", con
Xosé Tomás.
Venres 13 de abril:
- 10:15: Alumnas-os de 5º de Primaria
do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Obradoiro de ilustración", con
Xosé Tomás.

Máis info das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros

3/4/18

Tertulia literaria en Rialeda: 4 abril 2018 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122559&name=DLFE-27594.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Abril encantado" de Elizabeth Von Arnim
Documentación

Seguinte lectura: "A nena do abrigo de astracán" de Xabier P. DoCampo

3º trimestre no grupo A da Tertulia Literaria de Rialeda

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias?updated-max=2018-01-09T16:46:00%2B01:00&max-results=20&start=20&by-date=false
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-27803.pdfBiblioteca Central Rialeda
Hora: 17,30 a 19,30

Programación 3º trimestre:

- "Así empieza lo malo" de Javier Marías
- "A nena do abrigo de astracán" de Xabier P. DoCampo
- "Una desolación" de Yasmina Reza
- "Del color de la leche" de Nell Leyshon

Datas:
- Abril: días 11 e 24 (martes)
- Maio: días 9 e 23
- Xuño: día 6

Nestes intres o grupo está completo. As novas solicitudes pasarán a formar parte da lista de espera.

3º trimestre no grupo B da Tertulia Literaria de Rialeda

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-27802.pdfBiblioteca Central Rialeda
Hora: 17,30 a 19,30

Programación 3º trimestre:

- "A nena do abrigo de astracán" de Xabier P. DoCampo
- "La habitación de Nona" de Cristina Fernández Cubas
- "Nosotros en la noche" de Kent Haruf
- "El amor no es un verso libre" de Susana Fortes

Datas:
- Abril: días 4 e 18
- Maio: días 2, 16 e 30

Nestes intres o grupo está completo. As novas solicitudes pasarán a formar parte da lista de espera.

3º trimestre na Tertulia Literaria de Santa Cruz

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias?updated-max=2017-02-07T09:00:00%2B01:00&max-results=20&start=60&by-date=false
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-27801.pdfBiblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
Hora: 17,30 a 19 h.

Programación 3º trimestre:

- "Tantos días felices" de Laurie Colwin
- "Instrumental" de James Rhodes
- "Resistencia" de Rosa Aneiros
- "La uruguaya" de Pedro Mairal

Datas:
- Abril: días 9 e 23
- Maio: días 7 e 21
- Xuño: día 4

Nestes intres o grupo está completo. As novas solicitudes pasarán a formar parte da lista de espera.

Hora do conto e actividades infantís: 3 a 6 de abril 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27478.pdf
Todas as actividades terán lugar ás 18:30  
Para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil (2 de abril), ofrecemos as seguintes actividades:

Biblioteca Pública Municipal Manuel María. (Oleiros)
Martes 3 de abril

Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “Volta a casa”

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. (Santa Cruz)
Mércores 4 de abril
     
Para nenas-os de a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULO: “Contiario”
 

Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
Xoves 5 de abril
              
Para nenas-os a partir de 4 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511) 

ARTISTA: Paco Nogueiras
CONCERTO: “Brinca vai!: de aquí a acolá”  

Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. (Lorbé)
Xoves 5 de abril
      
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
CONTACONTOS: Lilí Gruyère de Trinke Trinke
TÍTULO: “Cores e persoas”
 

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. (Nós)
Venres 6 de abril
        
Expo Libros para soñar (Ed. Kalandraka)
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
CONTACONTOS: Lilí Gruyère de Trinke Trinke
TÍTULO: “Avós”

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado. (Mera)
Venres 6 de abril
 

Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
CONTACONTOS: Ana Carreira
TÍTULO: “Contos entre libros”