- Infantil (a partir de 6 anos):
É a historia do desexo dunha nena que vai cumprir co poder da imaxinación. A súa avoa levaba tempo decíndolle que ía levala ao circo. Tras coller o tren para ir á cidade, quedan durmidas. A partir dese intre a nena só pensa no Circo Mundial...
Obra moi fermosa e deliciosamente ilustrada. Fala dos desexos, soños e ilusión e da relación entre persoas de diferente idade.
- Mozas/os e adultas/os:
Me llamo Lucy Barton, de
Elizabeth Strout
Duomo

Unha novela intimista que nos fala das relacións familiares, pero principalmente das que se establecen entre unha nai e unha filla.
Lucy Barton convalece nun hospital de Manhattan. Non recibe visitas do seu home, que aduce falta de tempo pero máis ben odia os hospitais. Lucy sintese soa e devece polas fillas, ás que apenas ve. En troques, o seu home consegue que a nai de Lucy a visite, o que levará a un reencontro tras anos de escaso contacto.
Durante 5 días e 5 noites as dúas falan da familia, da infancia, da xente que coñecen, aparentemente de xeito intrascendente pero redescubrindo un amor agochado polas dificultades e o tempo. As conversas revelarán o difícil pasado de ambas mulleres, especialmente o da nai.
Narrada en primeira persoa por Lucy con continuos saltos temporais, a obra non é autobiográfica segundo a autora, senon baseada na vida nas familias menos favorecidas dentro das comunidades norteamericanas. Así a obra convertese nun canto á vida, chea de sensibilidade á vez que fuxe do sentimentalismo.