23/1/15

Recomendacións en Radioleiros: 23 de xaneiro

http://www.ipernity.com/doc/284673/36790770/in/album/748070
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=110954- Xuvenil (a partir de 10 anos):

Amor de serea: un misterio para Tintimán en Vigo, de Jaureguizar ; ilustrado por José Matalobos
Xerais

Unha nova aventura para Tintiman, este rapaz un pouco atolondrado e bastante arriscado, mezcla de Tintín e Indiana Jones, que herdou do seu pai a paixón por investigar misterios e tamén o amor pola aventura, ademáis dun axeitado traballo de xornalista, aínda que só é un adolescente de 16 anos. Trasládase a Vigo a investigar a desaparición do ouro dos galeóns de Rande afundidos na entrada da ría, acompáñano o seu gato, o señor Grozni, a súa “case” moza, ademáis de compañeira de escola, Mónica e a intrépida fotógrafa, Maika.

- Mozas/os e adultas/os :

El amor imperfecto, de Sara Rattarohttp://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=110942
Duomo

O núcleo familiar formado por Alberto e Sandra e os seus fillos, Matteo, que pacede unha hipoacusia bilateral grave que lle produce xordeira e Alicia, a irmán maior, unha rapaza seria e responsable, convertida en anxo da garda do seu irmán, ven como cambalea a súa sólida estructura familiar cando irrumpe inesperadamente na súas vidas Camille, un amor de xuventude de Alberto.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

16/1/15

Maxia para nenas e nenos na Biblioteca Rosalía de Castro: 21 de xaneiro

 http://ailladosnenos.com/Espectaculos_Infantiles.asp?Cod=178
O mércores 21 de xaneiro, ás 18:30 horas, terá lugar na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz un espectáculo de maxia titulado “A maleta viaxeira: contamaxias” a cargo do Mago Paco,  dirixido a nenas e nenos a partir de 5 anos.  

Un buscador de historias enfeitizará ás nenas e nenos con contos que atopou polo mundo enteiro e que garda na súa prezada maleta, da que xurdirán unha morea de contos e personaxes cheos de fantasía e maxia. Xuntando as historias dos contos coas palabras máxicas dos magos poderemos ver un “contamaxias” cheo de aventuras, ilusión, sorrisos e moita, moita maxia.

Recomendacións en Radioleiros: 16 de xaneiro

http://www.ipernity.com/doc/284673/36729672/in/album/748070
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=108096- Infantil:
"A galiña roxa", adaptación de Pilar Martínez e ilustracións de Marco Somà, editado por Kalandraka.
Adaptación dun conto tradicional.
Unha galiña vivía nunha granxa cos seus pitos, xunto cun can lacazán, un gato durmiñón e un parrulo barulleiro. Un día, en que a galiña andaba a remexer no chan, atopou uns grans de trigo e decidiu sementalos, para que lle produciran unha boa colleita, polo que pediu axuda aos seus amigos...
Posúe unhas fermosas e simpáticas ilustracións nas que predominan os tons ocres e cuns personaxes moi entrañables.
Unha obra que nos lembra que sen traballo e esforzo non se pode conseguir nada e que propón como valores para suxerir desde as máis pequenas idades.

 
- Mozas/os e adultas/os:
"Las viudas de los jueves" de Claudia Piñeiro, en Alfaguara.
Esta obra foi distinguida en Arxentina no ano 2005 co Premio Clarín e levada ao cine polo director Marcelo Piñeyro.
Na exclusiva urbanización privada Altos de la Cascada viven familias que levan un alto e luxoso estilo de vida e que queren mantelo por encima de todo. Un lugar onde imperan os cartos, a aparencia e a hipocrisía, cuns habitantes con moi poucos valores sociais. Mulleres que non saben que facer co seu tempo libre, fillas e fillos a veces criados polo persoal domésticohttp://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=viudas+jueves&idx=kw&idx=kw&limit=mc-rtype%3Aa+and+Bib-level%3Dc|d|m&sort_by=relevance&do=Aceptar. Alí, un grupo de amigos xúntase todos os xoves, lonxe das miradas dos demais, só poden estar os homes. Ese día as mulleres saen da urbanización, polo que decidiron denominarse, de broma, "as viúvas dos xoves". 
Unha entretida novela cunha interesante crítica social.

 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

15/1/15

Encontro literario con María Reimóndez n' As Torres de Santa Cruz: 15 de xaneiro

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2014/03/maria-reimondez-no-mes-do-movemento.html
O xoves 15 de xaneiro ás 11:30 horas terá lugar un Encontro Literario coa autora María Reimóndez n'As Torres de Santa Cruz.
Participará o alumnado de 2º de Bacharelato do IES Miraflores de Oleiros. 
A autora luguesa falará da obra «Dende o conflito», premio Xerais de Novela 2014, e de "O club da calceta", finalista do Premio Xerais 2005 e Premio Arcebispo Juan de San Clemente 2007
 
Coñece as obras de María Reimóndez que hai ao teu dispór nas Bibliotecas Municipais de Oleiros.

14/1/15

Os audiovisuais máis prestados no ano 2014

Presentamos os dvd e cds máis prestados nas 8 bibliotecas públicas municipais do Concello de Oleiros ao longo do ano 2014:

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=79197DVD infantil:
1) Érase una vez... el cuerpo humano (Planeta De Agostini)
2) El maravilloso mundo de los animales (Planeta De Agostini)
3) Cómo entrenar a tu dragón (Dreamworks)
4) Lluvia de albóndigas (Sony Pictures)
5) Bob Esponja: la película (Paramount Pictures)
6) El diario de Greg 1 (Twentieth Century Fox)
7) Madagascar 2 (Paramount Pictures)
8) Bolt (Walt Disney Home Entertainment)
9) Hop (Universal Pictures)
10) Los mundos de Coraline (Universal Pictures)

DVD para adultas/os e público en xeral:
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=73543
1) Matalobos (Voz Audiovisual)
3) El chef, de Daniel Cohen (A Contracorriente Films)
4) American Horror Story. 1ª temporada (Twentieth Century Fox)
5) 360, de Fernando Meirelles (Paramount Pictures)
7) Intocable, de Eric Toledano e Olivier Nakache (A Contracorriente Films)
8) Cosmópolis, de David Cronenberg (Paramount Pictures)
9) Django desencadenado, de Quentin Tarantino (Sony Pictures)
10) Stoker, de Park Chan-Wook (Twentieth Century Fox)

CD audio infantil:
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=93499 
1) Na punta do pé (Kalandraka)
2) Bicos de música, de Mamá Cabra (Galaxia)
3) Maria Fumaça (Galaxia)
5) Pan de millo, de Migallas (Kalandraka)
6) Rosalía pequeniña, de Uxía (Kalandraka)
7) Ola, ola, la!, de Mamá Cabra (Galaxia)
9) Tic, tac, de Pablo Díaz (Kalandraka)
10) Toc, toc, de  Pablo Díaz (Kalandraka

CD Audio para adultas/os e público en xeral:

1) English audio inglés (Play & Learn Multimedia)
3) Galiza, de Kepa Junquera (Fol Música)
4) Antología, de Camarón de la Isla (Polygram Ibérica)
5) Lo mejor de Luar na Lubre (Warner Music Spain)
7) Antología, de Paco de Lucía (Universal Music Spain)
8) Poses, de Rufus Wainwright (Dreamworks)
9) Classic titles, de Ami Koita (Frochot Music)
10) 1962-1966, de The Beatles (EMI Records) 

Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros invitamos a toda a poboación a que visiten as distintas bibliotecas deste concello e a que leven libros, discos, películas ou revistas en préstamo. 

13/1/15

Tertulia literaria en Rialeda: 14 de xaneiro (Grupo B)

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20652.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Futuro imperfecto" de Xulia Alonso Díaz.
Documentación
Obras de Xulia Alonso Díaz nas nosas bibliotecas.

Nesta sesión contaremos coa presenza da profesora e catedrática de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño. 

A seguinte obra programada é "El libro de arena" de Jorge Luis Borges.

14 de xaneiro: Inicio 2º trimestre na Tertulia Literaria (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comenzamos o 2º trimestre nas Tertulias literarias da Biblioteca Central Rialeda no Grupo B.


Outros actos:
Presentación do libro "Contos do mar de Irlanda" de Xurxo Souto (28 de xaneiro ás 18,30 h.)

Datas:
- Xaneiro: días 14 e 28
- Febreiro: días 11 e 25
- Marzo: días 11 e 25

Pode apuntarse á actividade:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros.
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca.

Nestes intres o grupo está completo, polo tanto as inscricións pasarán a formar parte da lista de espera. 

9/1/15

Recomendacións en Radioleiros: 9 de xaneiro

http://www.ipernity.com/doc/284673/36595480/in/album/748070
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=112445- Infantil (de 6 a 8 anos):

Cuando desapareció el mar, de Francisco Sánchez ; ilustracións de Bàrbara Sansó.
Juventud

O desastre ecolóxico do Mar de Aral (Asia central) aconteceu nos anos sesenta cando as autoridadades da antiga URSS decidiron desviar ríos para prantar algodón noutras terras. Actualmente o Mar de Aral ocupa só o vinte por cento da superficie anterior coas consecuencias naturais e sociais xa coñecidas. Unha historia levada da man dun neno, Alexandro, que lle pregunta ao seu pai.

- Mozas/os e adultas/os:

Bícame, Frank, de Miguel Anxo Fernández
Galaxia

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=113485Da man do escritor, profesor e crítico cinematográfico Miguel Anxo Fernández, temos unha nova entrega do detective privado Frank Soutelo. Viaxando desde California a Cambados vese envolto nunha trama coa aparición do cadáver dunha muller. Policía, mafiosos, traficantes de arte e fauna local mestúranse nesta trama áxil, retranqueira e cen por cen galega.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Os libros máis prestados do ano 2014

Presentamos os libros máis prestados nas 8 bibliotecas públicas municipais do Concello de Oleiros ao longo do ano 2014:

Libros para adultas/os e público en xeral:
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=109723

1) El proyecto esposa, de Graeme Simsion (Salamandra)
2) Dispara, yo ya estoy muerto, de Julia Navarro (Plaza & Janés)
3) Y las montañas hablaron, de Khaled Hosseini (Salamandra)
4) El cielo ha vuelto, de Clara Sánchez (Planeta)
5) El amor no es un verso libre, de Susana Fortes (Suma de letras)
6) Crímenes exquisitos, de Vicente Garrido e Nieves Abarca (Versátil)
7) A praia dos afogados, de Domingo Villar (Galaxia)
8) Huesos en el jardín, de Henning Mankell (Tusquets)
9) El cumpleaños secreto, de Kate Morton (Suma de letras)
10) La vida era eso, de Carmen Amoraga (Destino)

Libros para clubs de lectura:
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=109015

1) Prisioneros en el paraíso, de Arto Paasilinna (Anagrama)
2) 84 Charing Cross Road, de Helene Hanff (Anagrama)
3) Olive Kitteridge, de Elizabeth Strout (El Aleph)
4) Crematorio, de Rafael Chirbes (Anagrama)
5) El curioso incidente del perro a medianoche, de Mark Haddon (Salamandra)
6) La noche de los tiempos, de Antonio Muñoz Molina (Seix Barral)
7) La vida de las mujeres, de Alice Munro (Lumen)
8) Mil soles espléndidos, de Khaled Hosseini (Salamandra)
9) El sentido de un final, de Julian Barnes (Rinoceronte)
10) El estandarte, de Alexander Lernet-Holenia (Libros del Asteroide)

Libros infantís (ata 10 anos):
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?q=bolechas+carreiro&limit=+%28branch%3A+OLE1++or+branch%3A+OLE2++or+branch%3A+OLE3++or+branch%3A+OLE4++or+branch%3A+OLE6++or+branch%3A+OLE7++or+branch%3A+OLE8++or+branch%3A+OLE9+%29&sort_by=title_az&addto=

1) Os Bolechas (colección), de Pepe Carreiro (A Nosa Terra)
2) O emocionante día de Piti o caracol, de Sandrine Lhomme (Bahía)
3) Cocorico, de Marisa Núñez (OQO)
4) O raposo e a mestra, de Manuel Rivas (Xerais)
5) Linda á espreita, de Alexander Steffensmeier (Xerais)
6) ¿Qué pasa luego?, de Nicola Davies (Juventud)
7) Sopa verde, de Ángela Madeira (OQO)
8) ¡A dormir monstruos!, de Ed Vere (Juventud)
9) A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza, de Werner Holzwarth (Kalandraka)
10) Uno, dos, ¡cucú!, de Katie Saunders (Combel)

Libros xuvenís (a partir de 10 anos):
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=23712

1) Todo Mortadelo y Filemon (colección), de Francisco Ibáñez (Ed. B)
2) Diario de Greg (colección), de Jeff Kinney (Molino)
3) Los juegos del hambre 1, de Suzanne Collins (RBA)
4) Corredores de sombra, de Agustín Fernández Paz (Xerais)
5) O último traballo do señor Luna, de César Mallorquí (Edebé-Rodeira)
6) Palabras envelenadas, de Maite Carranza (Rodeira)
7) Octavo viaje al reino de la fantasía, de Geronimo Stilton (Destino)
8) Divergente, de Veronica Roth (RBA)
9) As lágrimas de Shiva, de César Mallorquí (Rodeira)
10) Alexandra, de Lola Gándara (Rodeira)

Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros invitamos a toda a poboación a que visiten as distintas bibliotecas deste concello e a que leven libros, discos, películas ou revistas en préstamo.

Tertulia literaria en Santa Cruz: 12 de xaneiro

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"  
Hora: 18 a 20 h.

Comentario da obra "En el tiempo de las mariposas" de Julia Álvarez.

A seguinte obra programada é
"Prisioneros en el paraíso" de Arto Paasilinna, 1ª lectura do 2º trimestre.

12 de xaneiro: Inicio 2º trimestre na Tertulia Literaria da Biblioteca de Santa Cruz

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20647.pdfBiblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
Hora: 18 a 20 h.

 Comenzamos o 2º trimestre coa seguinte programación:

- "Los platos más picantes de la cocina tártara" de Alina Bronsky

Outros actos:
- Presentación de "Bibliotecarias e bibliotecarios infames" de F. X. Redondo Abal. (9 febreiro) SUSPENDIDA

Datas:
- Xaneiro: días 12 e 26
- Febreiro: días 9 e 23
- Marzo: días 9 e 23

Pode apuntarse á actividade:
- Persoalmente na Biblioteca de Santa Cruz.
- Por teléfono (981 626 338) no horario da biblioteca.


Nestes intres o grupo está completo, polo tanto as inscricións pasarán a formar parte da lista de espera. 

5/1/15

Tertulia literaria en Rialeda: 7 de xaneiro (Grupo A)

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20644.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Los detectives salvajes" de Roberto Bolaño.
Documentación
Obras de Roberto Bolaño nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "Olive Kitteridge" de Elizabeth Strout.

7 de xaneiro: Inicio 2º trimestre na Tertulia Literaria (Grupo A)

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20643.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comenzamos o 2º trimestre nas Tertulias literarias da Biblioteca Central Rialeda no Grupo A.



- "Olive Kitteridge" de Elizabeth Strout
- "Las buenas personas" de Nir Baram

Outros actos:
Presentación do libro "Totum revolutum" de Cristina Barrio (4 de febreiro ás 18,30 h.)

Datas Grupo A:
- Xaneiro: días 7 e 21
- Febreiro: días 4 e 18
- Marzo: días 4 e 18

Pode apuntarse á actividade:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros.
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca.

Nestes intres o grupo está completo, polo tanto as inscricións pasarán a formar parte da lista de espera.