16/12/14

Tertulia literaria en Rialeda: 17 de decembro (Grupo B)

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20483.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Las buenas personas"* de Nir Baram.
Documentación
Obras de Nir Baram nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "Futuro imperfecto" de Xulia Alonso Díaz.

Este grupo realizará unha pausa na actividade durante o tempo de Nadal, retomándose o 14 de xaneiro do vindeiro ano.

Feliz Nadal e os nosos mellores desexos para o ano novo a todas e todos as/os seus participantes.

17 de decembro: Visitas do alumnado do IES Miraflores á Biblioteca Central Rialeda

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/biblio/rialeda-perillo
http://www.edu.xunta.es/centros/iesmiraflores/Actividade dirixida ao alumnado de 2ª de ESO do IES Miraflores de Oleiros.
Horario: de 9:00 a 12 h.
 
Explicaráselles a historia do edificio, coñecendo as diferentes salas e servizos.

Ao remate das visitas, o contacontos Caxoto realizará unha dramatización baseada en "Cando petan na porta pola noite" de Xabier P. Docampo.
Aviso importante: o 2º andar da biblioteca (sala de audiovisuais e ordenadores) verá restrinxido o seu uso durante a visita do alumnado.

12/12/14

Recomendacións en Radioleiros: 12 de decembro

http://www.ipernity.com/doc/284673/36267242/in/album/594169
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=109166- Xuvenil (a partir de 15 anos):

"A punta de pistola" de Fran Alonso
Xerais

Dúas historias paralelas que converxen nun inesperado final, a do Varas, delincuente habitual e a súa muller, que secuestran a punta de pistola durante un encontro familiar aos seus fillos tutelados polos servicios sociais. Este será o punto de inicio dunha trepidante fuxida, con final inesperado e na que terá algo que ver o outro personaxe da historia: Camila, unha camioneira que non só conduce o seu vehículo senón que é dona da súa empresa, escribe un blog e está a punto de embarcarse nunha nova aventura no outro lado do océano. Temas como a marxinalidade, a desestructuración familiar e social, a igualdade, a superación e a educación póñense de manifesto ao longo da obra.

- Moz@s e adult@s:

"Un mundo soñado" de Grace McCleen
Salamandra

O tema principal da novela é o fundamentalismo relixioso. Narra a historia de Judit, unha nena de 10 anos orfa de nai que vive co seu pai e ambos son membros participativos dunha secta cristiana. A habitación de Judit convértese no seu pequeno mundo onde confecciona co material que atopa unha maqueta en miniatura da súa cidade. É o seu refuxio fronte a hostilidade coa que se atopa na escola e a incomunicación co seu pai. Alí os seus desexos poden facerse realidade.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


11/12/14

10, 11 e 12 decembro: Visitas do alumnado do IES Isaac Díaz Pardo á Biblioteca Central Rialeda

Actividade dirixida ao alumnado de 2ª de ESO do IES Isaac Díaz Pardo de Sada.
Horario: de 10,45 a 13 h.

Explicaráselles a historia do edificio, coñecendo as diferentes salas e servizos, xunto cunha demostración audiovisual sobre o funcionamento do catálogo.

Ao remate das visitas, o actor Ramiro Neira de Artestudio Teatro realizará unha dramatización baseada nos relatos de Álvaro Cunqueiro.

Aviso importante: o 2º andar da biblioteca (Sala de audiovisuais e ordenadores) verá restrinxido o seu uso durante a visita do alumnado.

9/12/14

10 de decembro: Presentación de "Corazón de paloma" de Antón Borrallo

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/biblio/rialeda-perillo;jsessionid=D16510EDB9557D53296A16A1DE90EC2F
http://youtu.be/kV2SKhTMJzcO mércores 10 de decembro, ás 18:30 h. terá lugar no 2º andar da Biblioteca Central Rialeda a presentación do libro "Corazón de paloma" do escritor Antón Borrallo. 

"Corazón de paloma" é unha novela que presenta un retrato da sociedade galega no medio rural a finais da Guerra Civil. Nela o autor denuncia as precarias condicións de vida da época, nuns anos nos que “la gente se moría por falta de cuidados médicos”, tal e como declara Antón nunha entrevista no xornal "El Ideal Gallego".


http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-20195.pdf

Tertulia literaria en Rialeda:10 de decembro (Grupo A)

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20454.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Prisioneros en el paraíso" de Arto Paasilinna.
Documentación
Obras de Arto Paasilinna nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "Los detectives salvajes" de Roberto Bolaño.

Tras a sesión, ás 18,30 h. terá lugar no 2º andar da biblioteca a presentación do libro "Corazón de paloma" de Antón Borrallo.

Asimesmo e durante o tempo de Nadal, este grupo realizará unha pausa na actividade, retomándose o 7 de xaneiro do vindeiro ano. Feliz Nadal e os nosos mellores desexos para o ano novo a todas e todos as/os seus participantes.

5/12/14

Recomendacións en Radioleiros: 5 de decembro

http://www.ipernity.com/doc/284673/36267394/in/album/594169
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=109363- Infantil (menos de 6 anos):

"Grazas" de Isabel Minhós Martins ; ilustrado por Bernardo Carvalho.
Kalandraka

Un álbum ilustrado no que un neno vai explicando o que lle ensinou cada un dos maiores cos que se relaciona: ter paciencia, saber gañar ou perder, saber escoitar e gozar do silencio, compañeirismo, etc.

É unha obra que nos fala da aprendizaxe da infancia, do crecemento persoal e da tan necesaria educación en valores.


Un delicioso álbum, cunhas fermosas ilustracións e unha mensaxe dirixida a todas as persoas que pasan pola vida dun neno ou nena e que contribúen a súa educación e a súa formación como persoa. 


 

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=106824- Moz@s e adult@s:

"Un paraíso inalcanzable" de John Mortimer.
Libros del Asteroide

Unha excelente novela na que destaca a sátira política e o humor inglés, cunha singular mirada ás relacións familiares e de parella e un bo retrato da forma de vida de provincias do Reino Unido.

Ao morrer Simeon Simcox, un peculiar cura socialista dunha localidade británica, os seus fillos descobren que deixou toda a súa fortuna a un ambicioso deputado conservador. Ante isto, reaccionan de forma distinta: Henry, famoso escritor, quere impugnar o testamento de seu pai alegando loucura; en cambio, Fred, médico rural, decide investigar os motivos que puido ter para tomar esta decisión e o que máis choca é a actitude da nai, que non quere que se investigue nin se impugne nada.

Presenta a vida desa poboación, desde finais da Segunda Guerra Mundial ata o goberno de Margaret Thatcher, uns corenta anos nos que a sociedade británica experimentou grandes cambios. Mesturando humor e intriga vainos presentando os distintos personaxes e como van evolucionando.

Con esta narración comeza a triloxía dedicada ao político conservador Leslie Titmus, paradigma do thatcherismo.

Unha obra de gran calidade, cuns personaxes de diferentes estratos sociais moi ben descritos e uns excelentes diálogos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

2/12/14

Préstamo de libros electrónicos a través da plataforma Galicia le

http://www.galiciale.es/

Se es socia/o das Bibliotecas de Oleiros ou de calquera biblioteca pública galega e dispós dunha conta individual de correo electrónico podes acceder a este novo servizo de préstamo de libros electrónicos (e-books).

Galicia le ofrece dous catálogos: libros en galego (instrucións) e libros en castelán (instrucións).

Os libros poden lerse de diferentes xeitos:
- Online: a través de calquer dispositivo electrónico con conexión a internet.

Aplicación para lectura en dispositivos Android.
Aplicación para lectura en dispositivos IOS.
- Tras descarga: precisas instalar o programa Adobe Editions no teu ordenador, etc. e rexistrarte.

As descargas (formato epub) non son compatibles cos lectores Kindle (Amazon) excepto a tableta Kindle Fire.
 Se tes algún problema de acceso, contacta con calquera biblioteca pública galega ou do Concello de Oleiros da que sexas socia/o.

Galicia le é un servizo ofrecido pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.


Tertulia literaria en Rialeda: 3 de decembro (Grupo B)

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20417.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "84 Charing Cross Road" de Helene Hanff.
Documentación
Obras de Helene Hanff nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "Las buenas personas"* de Nir Baram.

*Nota: este título ía ser entregado inicialmente a mediados de decembro. Por circunstancias da programación adiantase a súa entrega con respecto a "Futuro imperfecto" de Xulia Alonso Díaz, o cal se pospón así dúas semanas.

28/11/14

Hora do conto e Ler conta moito: de 3 a 5 de decembro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20136.pdf
http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/hora-conto#Todas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 3 de decembro
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626338)
CONTACONTOS: Equipo de Animación de Kalandraka
TÍTULO: “Libros para soñar”
 

Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 4 de decembro
Para nenas-os de 5 a 10 anos
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS: “Bruxas viaxeiras”: "A casa abandonada", "Como por bruxería"
 

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 5 de decembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULOS:  "Contos do mes de nadal": "As clases de tuba", "Cando Martiño tivo gañas de mexar na noite de reis"
Algúns destes actos están incluídos no programaLer conta moitoda Rede de Bibliotecas de Galicia

Recomendacións en Radioleiros: 28 de novembro

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=113865http://www.ipernity.com/doc/284673/36081491/in/album/594169- Infantil (nenas-os a partir de 10 anos):
"Historia da bicicleta dun home lagarto" de Fina Casalderrey. Ilustracións de Laura Súa Campo, en Xerais.
Fermosa obra que fala de Mundo, un neno duns 7 ou 8 anos, que vive en Albarracín (Teruel), na época da Guerra Civil. Antonio, o pai de Mundo, era pastor e ás veces o neno acompañábao cando trasladaban os rabaños aos pastos. Nun destes traslados foi como coñeceu a Camilo, “o home lagarto”, un celador de telefonía que tiña unha bicicleta moi estraña, cunha barra da que colgaba unha maleta negra cunha palabra escrita: teléfonos e o número 217. Camilo ensinoulle como andar na súa bicicleta e pouco a pouco foron facéndose amigos. Pero un día comezan a ocorrer acontecementos preocupantes na localidade onde viven: desapareceu seu pai, tamén o mestre Don Manuel, incluso Ánxela, a costureira, e outros veciños...
Emotiva narración coa que a autora quere expresar que a mellor opción ante unha guerra é evitala.

- Mozas-os e adultas-os:
"Y las montañas hablaron" de Khaled Hosseini, editado por Salamandra.
 
A decisión dunha humilde familia de dar unha filla en adopción a un rico matrimonio é a base da que parte toda a obra, que comeza nunha pequena e remota aldea de Afganistán, pero que despois pasará a Kabul, a París e San Francisco en EE UU. Abarca desde mediados do século XX ata a actualidade. Unha historia que comprende varias xeracións e distintos países.  
Estamos ante unha novela coral, con numerosos personaxes, que nos fala da relación entre irmáns, pero tamén entre pais e fillos. Preséntanos a mala situación económica de Afganistán, a gran diferenza social e económica entre as familias, a invasión soviética, a guerra e as súas consecuencias.
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=108036 Veremos como moitos destes personaxes sofren remordementos por feitos que aconteceron no pasado e a través deles iremos coñecendo a dureza da súa existencia e o difícil que é sobrevivir para algunhas familias en Afganistán, fronte á opulencia económica doutras, despois veremos como viven en París e máis tarde os que emigraron a EE UU.

Unha novela interesante que nos dá a coñecer como é a vida neste país e tamén como é a dura realidade para estas persoas que practicamente non teñen nada e que o perden todo a consecuencia da guerra.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

26/11/14

Exposicións bibliográficas de Juan Goytisolo, Premio Cervantes 2014

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au&q=goytisolo%2C+juan&limit=+%28branch%3A+OLE1++or+branch%3A+OLE2++or+branch%3A+OLE3++or+branch%3A+OLE4++or+branch%3A+OLE6++or+branch%3A+OLE7++or+branch%3A+OLE8++or+branch%3A+OLE9+%29&sort_by=title_az&addto=
O escritor Juan Goytisolo Gay (Barcelona, 1931) intelectual crítico, foi distinguido co Premio Miguel de Cervantes 2014. O xurado destaca a súa vontade de integrar as dúas beiras e a súa aposta permanente polo diálogo intercultural.
É un dos escritores con máis tradición narrativa da lingua española, considerado como interlocutor entre a cultura europea e a islámica. Vivíu desde moi novo fora de España: en 1956 instalouse en París, onde traballou como asesor literario da editorial Gallimard; en 1969 trasladouse a Estados Unidos onde foi profesor na Universidade de La Jolla de California; despois en Boston e Nova York. Reside en Marrakech (Marrocos).

Goytisolo forma parte do Parlamento Internacional de Escritores e é presidente do xurado da UNESCO que selecciona as Obras Mestras do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade. Coñecedor e estudoso do mundo árabe, contribuíu, a través de artigos e ensaios, a dar a coñecer en Europa a realidade destes pobos. Traballou para lograr que a UNESCO declare a praza de Xemáa el Fná de Marrakech como Patrimonio Oral da Humanidade. Info obtida na web www.mecd.gob.es
 
Podes visitar as exposicións bibliográficas coa obra de Juan Goytisolo na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé), Rosalía de Castro (Santa Cruz) e Rialeda (Perillo). Convidámoste a levar algún dos seus libros en préstamo.

24/11/14

Hora do conto e Ler conta moito: de 24 a 28 de novembro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-20136.pdf
http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/hora-conto#Todas as sesións celebraránse ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 24 de novembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Contos do Samaín”: “Vou cazar un león”, “A caixa de cores”
 
Biblioteca Pública Municipal “Federico García Lorca”. Montrove
Martes 25 de novembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Lilí Gruyére de Trinke Trinke
TÍTULO:  "Avós": “A árbore xenerosa”, “Avós”
 
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 26 de novembro
Para nenas-os de 5 a 10 anos
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS: “Bruxas viaxeiras”: "A casa abandonada", "Como por bruxería"
 
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 27 de novembro
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639511)
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “Cabaliño Hop”
 
Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
Venres 28 de novembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Gemola
TÍTULO:  "Historias incribles": “Os sete irmáns chineses", "Tropecista"
Algúns destes actos están incluídos no programa
http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/da Rede de Bibliotecas de Galicia