38 novas incorporacións no 2º andar da Biblioteca Central Rialeda.
Prema sobre a imaxe para descargar a guía e comprobar dispoñibilidade.
29/11/14
28/11/14
Hora do conto e Ler conta moito: de 3 a 5 de decembro
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 3 de decembro
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626338)
CONTACONTOS: Equipo de Animación de Kalandraka
TÍTULO: “Libros para soñar”
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 4 de decembro
Para nenas-os de 5 a 10 anos
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS: “Bruxas viaxeiras”: "A casa abandonada", "Como por bruxería"
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 5 de decembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULOS: "Contos do mes de nadal": "As clases de tuba", "Cando Martiño tivo gañas de mexar na noite de reis"
Algúns destes actos están incluídos no programa
Recomendacións en Radioleiros: 28 de novembro
"Historia da bicicleta dun home lagarto" de Fina Casalderrey. Ilustracións de Laura Súa Campo, en Xerais.
Fermosa obra que fala de Mundo, un neno duns 7 ou 8 anos, que vive en Albarracín (Teruel), na época da Guerra Civil. Antonio, o pai de Mundo, era pastor e ás veces o neno acompañábao cando trasladaban os rabaños aos pastos. Nun destes traslados foi como coñeceu a Camilo, “o home lagarto”, un celador de telefonía que tiña unha bicicleta moi estraña, cunha barra da que colgaba unha maleta negra cunha palabra escrita: teléfonos e o número 217. Camilo ensinoulle como andar na súa bicicleta e pouco a pouco foron facéndose amigos. Pero un día comezan a ocorrer acontecementos preocupantes na localidade onde viven: desapareceu seu pai, tamén o mestre Don Manuel, incluso Ánxela, a costureira, e outros veciños...
Emotiva narración coa que a autora quere expresar que a mellor opción ante unha guerra é evitala.
- Mozas-os e adultas-os:
"Y las montañas hablaron" de Khaled Hosseini, editado por Salamandra.
A decisión dunha humilde familia de dar unha filla en adopción a un rico matrimonio é a base da que parte toda a obra, que comeza nunha pequena e remota aldea de Afganistán, pero que despois pasará a Kabul, a París e San Francisco en EE UU. Abarca desde mediados do século XX ata a actualidade. Unha historia que comprende varias xeracións e distintos países.
Estamos ante unha novela coral, con numerosos personaxes, que nos fala da relación entre irmáns, pero tamén entre pais e fillos. Preséntanos a mala situación económica de Afganistán, a gran diferenza social e económica entre as familias, a invasión soviética, a guerra e as súas consecuencias.
Unha novela interesante que nos dá a coñecer como é a vida neste país e tamén como é a dura realidade para estas persoas que practicamente non teñen nada e que o perden todo a consecuencia da guerra.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
26/11/14
Exposicións bibliográficas de Juan Goytisolo, Premio Cervantes 2014
O escritor Juan Goytisolo Gay (Barcelona, 1931) intelectual crítico, foi distinguido co Premio Miguel de Cervantes 2014. O xurado destaca a súa vontade de integrar as dúas beiras e a súa aposta permanente polo diálogo intercultural.
É un dos escritores con máis tradición narrativa da lingua española, considerado como interlocutor entre a cultura europea e a islámica. Vivíu desde moi novo fora de España: en 1956 instalouse en París, onde traballou como asesor literario da editorial Gallimard; en 1969 trasladouse a Estados Unidos onde foi profesor na Universidade de La Jolla de California; despois en Boston e Nova York. Reside en Marrakech (Marrocos).

Goytisolo forma parte do Parlamento Internacional de Escritores e é presidente do xurado da UNESCO que selecciona as Obras Mestras do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade. Coñecedor e estudoso do mundo árabe, contribuíu, a través de artigos e ensaios, a dar a coñecer en Europa a realidade destes pobos. Traballou para lograr que a UNESCO declare a praza de Xemáa el Fná de Marrakech como Patrimonio Oral da Humanidade. Info obtida na web www.mecd.gob.es
Podes visitar as exposicións bibliográficas coa obra de Juan Goytisolo na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé), Rosalía de Castro (Santa Cruz) e Rialeda (Perillo). Convidámoste a levar algún dos seus libros en préstamo.
25/11/14
Tertulia literaria en Rialeda: 26 de novembro (Grupo A)
Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)Hora: 17,30 a 19,30 h.
Comentario de "La vida de Pi", de Yann Martel.
Documentación
Obras de Yann Martel nas nosas bibliotecas.
A seguinte obra programada é "Prisioneros en el paraíso" de Arto Paasilina.
24/11/14
Hora do conto e Ler conta moito: de 24 a 28 de novembro
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 24 de novembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Contos do Samaín”: “Vou cazar un león”, “A caixa de cores”
Biblioteca Pública Municipal “Federico García Lorca”. Montrove
Martes 25 de novembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Lilí Gruyére de Trinke Trinke
TÍTULO: "Avós": “A árbore xenerosa”, “Avós”
Martes 25 de novembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Lilí Gruyére de Trinke Trinke
TÍTULO: "Avós": “A árbore xenerosa”, “Avós”
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 26 de novembro
Para nenas-os de 5 a 10 anos
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS: “Bruxas viaxeiras”: "A casa abandonada", "Como por bruxería"
Mércores 26 de novembro
Para nenas-os de 5 a 10 anos
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS: “Bruxas viaxeiras”: "A casa abandonada", "Como por bruxería"
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 27 de novembro
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639511)
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “Cabaliño Hop”
Xoves 27 de novembro
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639511)
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: “Cabaliño Hop”
Biblioteca Pública Municipal “Ánxel Fole”. Nós
Venres 28 de novembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Gemola
TÍTULO: "Historias incribles": “Os sete irmáns chineses", "Tropecista"
Algúns destes actos están incluídos no programa
Venres 28 de novembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Gemola
TÍTULO: "Historias incribles": “Os sete irmáns chineses", "Tropecista"
Algúns destes actos están incluídos no programa
22/11/14
24 de novembro: Presentación literaria na Biblioteca de Santa Cruz
"Remontar o río", o novo poemario de Helena Villar Janeiro, é un libro especial. Polo seu formato, como unha fervenza de papel de doce metros, totalmente despregable. Polas ilustracións que o acompañan, de Luz Darriba. E polo texto. Un proxecto unitario no que a autora remonta o río da súa propia vida, dos seus recordos. Debullando unha biografía da existencia que non é a dela, senón a de calquera persoa. Na que flúen as palabras. Sedimentan as cousas importantes, como os afectos. E todo o que nos erosiona fainos máis fortes". Texto de Montse Dopico
Obras de Helena Villar Janeiro nas Bibliotecas de Oleiros.
21/11/14
Recomendacións en Radioleiros: 21 de novembro
- Infantil (a partir de 10 anos): "O recendo das clementinas" de An Alfaya, editado por Tambre.
Abril, é unha nena de dez anos que vive coa súa nai e seu pai nun novo barrio, a onde se trasladaron cando ela era pequena. Curiosamente, desde entón, racharon con todos os seus coñecidos anteriores e tampouco teñen moitos familiares, un feito que sempre desacougou á nena, e a todo isto, hai que sumar o silencio dos pais, que provoca nela dúbidas que acabarán por enchela de desconfianza. Esta situación agrávase cando un día atopa unha vella fotografía dela e da súa nai.
- Mozos-as e adultos-as:
"La hondonada" de Jhumpa Lahiri, editado por Salamandra.
Trata de dous irmáns indios de caracteres opostos, pero sumamente cercanos na súa infancia, aos que a vida e as circunstancias separan. O máis vello emigra a Estados Unidos para doutorarse, mentras que o outro, máis atrevido, é asasinado na India pola súa militancia nun movemento político extremo, nos anos 60. Este feito tráxico devolve ao irmán a casa, onde se sinte desarraigado e faise cargo da viúva de seu irmán.
"La hondonada" de Jhumpa Lahiri, editado por Salamandra.
Trata de dous irmáns indios de caracteres opostos, pero sumamente cercanos na súa infancia, aos que a vida e as circunstancias separan. O máis vello emigra a Estados Unidos para doutorarse, mentras que o outro, máis atrevido, é asasinado na India pola súa militancia nun movemento político extremo, nos anos 60. Este feito tráxico devolve ao irmán a casa, onde se sinte desarraigado e faise cargo da viúva de seu irmán.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
18/11/14
Tertulia literaria en Rialeda: 19 de novembro (Grupo B)
Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)Hora: 17,30 a 19,30 h.
Comentario de "Las viudas de los jueves" de Claudia Piñeiro.
Documentación
Obras de Claudia Piñeiro nas nosas bibliotecas.
A seguinte obra programada é "84 Charing Cross Road" de Helene Hanff.
17/11/14
Expo bibliográfica na Biblioteca de Lorbé sobre Robert Louis Stevenson
O 3 de decembro de 1894 morre o xenial escritor de novela de aventuras, Robert Louis Stevenson nacido en Edimburgo o 13 de novembro de 1850. Este ano cúmprense 120 anos da súa morte. Desde a Biblioteca Municipal Xograr Mendiño de Lorbé, queremos aproveitar esta efeméride para difundir a súa obra e a novela de aventuras.
Celebraremos unha exposición coas súas obras e as de outros xenios da novela de aventuras como Emilio Salgari. Podes visitar esta exposición desde o 13 de novembro ata 5 de decembro. Está especialmente indicada para os-as maiores de 10 anos.
14/11/14
Hora do conto e Ler conta moito: de 18 a 21 de novembro
Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 18 de novembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “O gran libro dos medos do rato pequeno”
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 19 de novembro
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626338)
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULOS: “Fábulas no berce”
Mércores 19 de novembro
Para nenas-os de 1 a 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626338)
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULOS: “Fábulas no berce”
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 20 de novembro
Para nenas-os de 5 a 10 anos
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULOS: “Contos revirados”: "Aquiles o puntiño", "Medio elefante", "Chibos chibóns"
Biblioteca Pública Municipal “Xograr Mendiño”. Lorbé
Xoves 20 de novembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Gemola
TÍTULO: "O tesouro do bosque": "Son unha árbore", "As moras máxicas"
Xoves 20 de novembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Gemola
TÍTULO: "O tesouro do bosque": "Son unha árbore", "As moras máxicas"
Biblioteca Pública Municipal “Mª José Trincado”. Mera
Venres 21 de novembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: "A mar de contos": "Carreira de patos", "Mar namorado", "O tesouro de barba Melón"
Venres 21 de novembro
Para nenas-os de 3 a 10 anos
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: "A mar de contos": "Carreira de patos", "Mar namorado", "O tesouro de barba Melón"
Algúns destes actos están incluídos no programa
Recomendacións en Radioleiros: 14 de novembro
- Infantil (de 6 a 8 anos):"Maruxa a mariñeira" elaborado pol@s alumn@s do CEIP As Forcadas ; ilustrado por Eva Bello Alonso.
Concello de Ponteceso
Maruxa é unha nena que soña con ser patroa de barco pero pronto descubrirá que terá que enfrontarse a máis obstáculos que co mar para acadar o seu obxectivo. De utilidade pedagóxica ao traballar a temática da igualdade.
- Moz@s e adult@s:
"El regreso" de Berhard Schlink.
Anagrama
Historia familiar que mestura a II Guerra Mundial, a vida na RDA e o tempo actual nos EEUU e Alemaña. Unha reflexión arredor do ben e do mal coa Odisea como referencia. Un novelista consagrado aportando unha obra de moito contido.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
11/11/14
Aviso importante: horario da Biblioteca de Oleiros a partir do 12 de novembro
A Biblioteca Municipal Manuel María sita en Oleiros terá o seguinte horario a partir do 12 de novembro e ata novo aviso:
Tardes: de luns a venres, das 16 ás 20 h.
Desculpen as molestias.
Tardes: de luns a venres, das 16 ás 20 h.
Desculpen as molestias.
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
18:48
No hay comentarios:
Etiquetas:
Aviso urxente,
Biblioteca de Oleiros,
Horarios
Tertulia literaria en Rialeda: 12 de novembro (Grupo A)
Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)Hora: 17,30 a 19,30 h.
Comentario de "Futuro imperfecto" de Xulia Alonso Díaz.
Documentación
Obras de Xulia Alonso Díaz nas nosas bibliotecas.
Nesta sesión contaremos coa presenza da profesora e catedrática de lingua e literatura galega Rosa García Vilariño.
A seguinte obra programada é "La vida de Pi", de Yann Martel.
10/11/14
Tertulia literaria en Santa Cruz: 10 de novembro
Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" Hora: 18,30 a 20 h.
Comentario da obra "Rihla" de Abdallah Muhammad Abana.
A seguinte obra programada é "Cemiterio de elefantes" de Fran Alonso.
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
8:32
No hay comentarios:
Etiquetas:
Biblioteca de Santa Cruz,
Tertulias Literarias
Suscribirse a:
Entradas (Atom)