18/10/13

As Bibliotecas homenaxean a Clara Sánchez e César Mallorquí


Nacéu en Guadalajara o 1 de marzo de 1955. Trasladouse a Madrid, onde reside, e licenciouse en Filoloxía Hispánica na Universidad Complutense. Adicouse durante anos ao ensino universitario, ata que se volcou de cheo á profesión de escritora. Participou no programa de televisión Qué grande es el cine, ademáis de colaboracións noutros medios como o xornal El País e a revista literaria El urogallo.

Obras de Clara Sánchez nas nosas bibliotecas
- Últimas noticias del paraíso (2000) - Premio Alfaguara 2000
- Presentimientos (2008)
- Lo que esconde tu nombre - Premio Nadal 2010 , Premio Mandarache 2013

César Mallorquí, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2013

O escritor barcelonés César Mallorquí gañou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa obra La isla de Bowen. O premio dotado con 20.000€, concedido polo Ministerio de Educación, Cultura e Deportes para distinguir o traballo dun autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado e publicado en España en 2012

La isla de Bowen é unha historia de aventuras no estilo de Verne e Conan Doyle, con illas misteriosas, homicidios, minerais preciosos, heroes e manuscritos medievais. Mallorquí con esta novela foi galardoado co Premio Edebé 2012.

Obras de César Mallorquí nas nosas bibliotecas 
- La catedral (2000)
- La piedra inca (2005)
- La mansión Dax (2005)
- Leonis (2011)



En todas as Bibliotecas Municipais do Concello de Oleiros presentámosche diferentes mostras coas obras dispoñibles de ambos autores. Non chas perdas!

17/10/13

Outono e outras historias: guía de cine na Biblioteca Central Rialeda

Sensacións brumosas, romances tardíos, cores e ventos de outono, todo esto e máis podes atopalo nesta selección de títulos en dvd que che ofrecemos no 2º andar da Biblioteca Central Rialeda.

Pincha sobre a imaxe para descargar a guía.

15/10/13

Uva e tinta: libros e películas na estación das vendimas

Miles de mans colleitaron xa os acios acugulados que algún día se convertirán en caldos suculentos. Uva e tinta: libros e películas (con toques delicados, notas saborosas, aromas punxentes) na estación das vendimas, é unha selección de cine e literatura que vos ofrecemos na Biblioteca Central Rialeda para compracer os padais neste outono. Cátaos!

14/10/13

Alice Munro: Nobel de Literatura 2013

A escritora Alice Munro foi galardonada co Premio Nobel de Literatura 2013. 
"Desta mestra do relato breve apréciase o seu ben afinado arte de narrar historias curtas, caracterizado por un estilo claro e un realismo psicolóxico. Algúns considerárona como unha Chéjov canadiana. As súas narracións desenvólvense con frecuencia en pequenas cidades de provincias onde a loita das persoas por unha existencia decente causa a menudo dificultades nas súas relacións e conflitos morais, problemas que teñen a súa orixe en diferencias xeracionais ou ambicións vitais contrapostas. Hai a miúdo nos seus textos descricións de acontecementos cotiáns pero decisivos, unha especie de epifanías, que botan luz sobre a narración que as rodea e permiten que cuestións existenciais aparezan de súpeto como iluminadas pola luz dun lóstrego". (Palabras obtidas da web oficial dos Premios Nobel)

PARABÉNS ALICE!!!

Tertulia literaria en Rialeda: 16 de outubro (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades) Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario da obra "Una temporada para silbar" de Ivan Doig
Documentación
Obras de Ivan Doig nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "Amor de Artur" de Xosé Luis Méndez Ferrín.

11/10/13

Hora do Conto e Ler conta moito: semana de 14 ao 18 de outubro

Salvo indicación, todos os actos terán lugar ás 18,30 h.
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso". Dorneda
Luns 14 de outubro
ARTISTA: Migallas Teatro
ESPECTÁCULO:  “Cantacontos”
Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 15 de outubro
ARTISTA: Compañía Larraitz
ESPECTÁCULO:  “Títeres nas mans”
Prazas limitadas, é preciso inscribirse na biblioteca para participar na actividade. Dirixida a nenos/as maiores de 4 anos –tlf.: 981 610 700


Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Martes 15 de outubro
ARTISTA: Matapiollos Teatro
ESPECTÁCULO:  “Abrapalabra”

Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 16 de outubro
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: “Bicharada”, “A carreira”, “A tartaruga e o elefante”
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 17 de outubro
CONTACONTOS: A Gran Lilí Gruyére da Compañía Trinke Trinke
TÍTULOS: "Os paxaros", “Turelí, tureló”        
Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 18 de outubro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: "La escoba de la viuda”, “¡Shrek!”, “Yo mataré monstruos por ti”

(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

Recomendacións en Radioleiros: 11 de outubro

- Infantil (nenos-as de 8 anos en adiante):
"Los bichos bola" de Luisa Fontán Bos, editado por  Cuatro azules.
"Cando es pequeno un sinxelo paseo polo monte pode acabar sendo algo extraordinario"
- Mozos-as e adultos-as:
"La vida de las mujeres" da recén galardonada co Premio Nobel de Literatura 2013, Alice Munro, en Lumen.
"Nel Jordan invítanos a facer un percorrido pola súa infancia e adolescencia, alá polos anos

corenta do pasado século"
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

9/10/13

Manuel Álvarez Torneiro, Premio Nacional de Poesía 2013: "Escribo contra o mundo e a favor da Vida. Como poeta, creo na utopía"

O escritor coruñés Manuel Álvarez Torneiro gaña o Premio Nacional de Poesía 2013 outorgado polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte pola obra "Os ángulos da brasa". Esta obra foi recoñecida anteriormente cos seguintes galardóns:
Premio da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega 2013. Poesía, Premio Ánxel Casal ao Libro de Poesía ou Teatro 2013 (Asociación Galega de Editores), Premio da Crítica de poesía en galego 2013 (Asociación Española de Críticos Literarios).
No vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda (no espazo "Poesía ten o seu punto: exposición permanente de versos") podes visitar unha exposición bibliográfica adicada a este escritor.

"Nacín na cidade de A Coruña o día sete de xullo do ano 1932. Orfo de nai dende os tres anos. Asistín -irremediablemente- á escola fascista: crucifixo, retrato de Franco e regra que caía iracunda e de canto nas palmas das mans cando o castigo. Máis adiante cursei estudos na Escuela Superior de Altos Estudios Mercantiles na miña cidade natal. Despois de desempeñar varios traballos para axudar á economía familiar entrei a traballar no xornal La Voz de Galicia, onde pasei 25 anos.
Desde os 17 ou 18 anos, escribir poesía foi para min unha necesidade. Fun un dos fundadores do grupo poético "Amanecer" na década dos cincuenta. Os primeiros versos non pasaron de ser exercicios líricos en castelán para revistas que se publicaban en Madrid e en Barcelona.
Ata os 50 anos cumpridos non din ao prelo o meu primeiro poemario, Memoria dun silencio (1982). Logo, cada ano botei a andar un libro dos que non me arrepinto en absoluto.
Os antólogos sitúanme na Xeración das Festas Minervais, na primeira promoción da poesía de posguerra: os nados entre 1928 e 1942.
Hai na miña última produción un tema recurrente: a memoria, que dicta unha sorte de variacións sobre un só tema. Debo afirmar que creo no poder da palabra, nas potencias da beleza. Aínda escribindo en prosa sempre remato caendo polo escotillón da lírica que procuro afinada ó máximo.
Escribo contra o mundo e a favor da Vida. Como poeta, creo na utopía".


PARABÉNS MANUEL!!!

7/10/13

9 outubro: Inicio tempada Tertulia Literaria (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comenzamos o 1º trimestre nas Tertulias literarias da Biblioteca Central Rialeda no Grupo B.

- "Piel de salitre" de Juan Mariñas

Datas Grupo B:
- Outubro: días 9 e 23
- Novembro: días 6 e 20
- Decembro: días 4 e 18

Pode apuntarse á actividade:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros.
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca.


Nestes intres o grupo está completo, polo tanto as/os interesada/os pasarán a formar parte da lista de espera.

4/10/13

Hora do Conto e Ler conta moito: semana do 7 ao 11 de outubro

Salvo indicación, todos os actos terán lugar ás 18,30 h.
Luns 7 de outubro
ESPECTÁCULO:  “Contos para todos”
Martes 8 de outubro
ESPECTÁCULO:  “O aviador”
Martes 8 de outubro
ARTISTA: Compañía Larraitz
ESPECTÁCULO:  “Títeres nas mans”
Prazas limitadas, é preciso inscribirse na biblioteca para participar na actividade.
Dirixida a nenos/as maiores de 4 anos -tlf.: 981 639 515-
Mércores 9 de outubro
ARTISTA: Nita
ESPECTÁCULO: “A ciencia é divertida”
- 1ª sesión: 17 h.: nenas e nenos de 0 a 3 anos
- 2ª sesión: 18,30 h.: nenas e nenos de 3 a 6 anos
Prazas limitadas, é preciso inscribirse na biblioteca para participar na actividade -tlf.: 981 626 338-
Mércores 9 de outubro
ARTISTA: Crearte
ESPECTÁCULO: “Arte nos libros”
Xoves 10 de outubro
ARTISTA: Chrystyan Magic
ESPECTÁCULO: "Na senda da serpe alada"      
Para nenas/os maiores de 5 anos
Venres 11 de outubro
ESPECTÁCULO: “Mira como cho conto”
Venres 11 de outubro
ARTISTA: Compañía Larraitz
ESPECTÁCULO:  “Títeres nas mans”
Prazas limitadas, é preciso inscribirse na biblioteca para participar na actividade.
Dirixida a nenos/as maiores de 4 anos -tlf.: 981 664 257-
Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e en colaboración coas Bibliotecas Municipais de Oleiros.

Recomendacións en Radioleiros: 4 de outubro

- Infantil (a partir de 10 anos):

Palabras de auga, de Marcos Calveiro ; ilustracións de Ramón Trigo
Edicións Xerais de Galicia

Fermosa obra que nos traslada a África. Amadou é un neno pertencente ao clan do Wakati da tribo dos Kimba, que teñen que abandonar o seu país en busca dunha terra que teña auga. Desde ese momento camiñan baixo un sol abrasador sen saber cal será o seu futuro. Amadou estraña a terra onde naceu e precisa a vos de seu pai para lembrar, pero Ngugi xa non lle conta ningunha historia desde Numba, seu irmán maior, desapareceu, por iso deciden ir buscalo ao campamento dos nenos soldado.

Conmovedor relato que nos achega ás dificultades da vida no continente africano, que nos presenta como viven outros pobos, ao mesmo tempo que esta viaxe se convertera, para Amadou, nun camiño de iniciación á madurez, tras a cal nada será igual.

- Moz@s e Adult@s:

El maestro del Prado y las pinturas proféticas, de Javier Sierra
Planeta

Unha novela narrada en primeira persoa polo protagonista e autor, na que relata o que lle aconteceu cando estaba estudando xornalismo en Madrid. Comeza en decembro de 1990, a Javier gustáballe visitar o Museo del Prado no seu tempo libre. Un día, cando estaba contemplando o cadro “La Perla” de Rafael achegóuselle un home que se presentou como Luis Fovel e que lle empezou a
comentar diferentes aspectos proféticos desta obra. A este seguirán máis encontros e o misterioso sabio iralle explicando mensaxes ocultos que encerran distintas pinturas: "La Visitación" da Escola de Rafael, "La Sagrada Familia del Roble" tamén de Rafael, "La Virgen de las Rocas" de Leonardo da Vinci, "La Escuela de Atenas" de Rafael, "La Gloria" de Tiziano (o emperador Carlos V encargoulle a Tiziano que o retratara como un espírito rogando para entrar no ceo, coa intención de preparar a súa alma para o máis alá), "Carlos V en la Batalla de Mühlberg" tamén de Tiziano (no que a lanza que empuña o emperador simboliza unha reliquia en poder da súa familia), "La última cena" de Juan de Juanes, "El jardín de las delicias" de El Bosco (a obra preferida de Felipe II, que levou con el para o Monasterio del Escorial cando xa estaba moi enfermo, segundo esta novela vese a nosa orixe, presente e futuro, pero nun tríptico só comprensible para iniciados dunha secta coñecida como "Los Hermanos del Espíritu Libre"), "El Triunfo de la Muerte" de Brueghel el Viejo (ao parecer, presenta un alfabeto oculto que utilizaba unha secta chamada "Familia Charitatis" ou "Familia del amor" que predicaba a inminente chegada do fin dos tempos), ou "La Encarnación" e "La crucifixión" de El Greco, etc.

"El maestro del Prado" realiza un percorrido por diferentes obras pictóricas, das que unhas vinte están no Museo del Prado, presentándonos os seus misterios, enigmas, profecías que agochaban, simboloxía oculta, conspiracións, herexías, visións místicas, xunto con mensaxes entre membros de sociedades secretas ou portas ao máis ala.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

30/9/13

2 outubro: Inicio tempada Tertulia Literaria (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)

Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comenzamos o 1º trimestre nas Tertulias literarias da Biblioteca Central Rialeda no Grupo A.


Datas Grupo A:
- Outubro: días 2, 16 e 30
- Novembro: días 13 e 27
- Decembro: día 11

Pode apuntarse á actividade:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros.
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca.


Nestes intres o grupo está completo, polo tanto as/os interesada/os pasarán a formar parte da lista de espera.

27/9/13

Hora do Conto e Ler conta moito: semana do 30 de setembro ao 4 de outubro

Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Luns 30 de setembro
ARTISTA: Elefante Elegante
ESPECTÁCULO: "O aviador"

Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 1 de outubro
ARTISTA: Compañía Sarabela Teatro
ESPECTÁCULO: "Contacontos"



Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 2 de outubro
ARTISTA: María Noel Toledo
ACTIVIDADE:  "Instantáneas de plastilina"
*Prazas limitadas. Imprescindible inscribirse no 981 626 338

Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Mércores 2 de outubro
ARTISTA: Nita
ESPECTÁCULO: "A ciencia é divertida"
- 1ª sesión: 17 h.: nenas e nenos de 0 a 3 anos
- 2ª sesión: 18,30 h.: nenas e nenos de 3 a 6 anos
*Prazas limitadas. Imprescindible inscribirse no 981 618 201

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 3 de outubro
ARTISTA: Elefante Elegante
ESPECTÁCULO: "O aviador" 

Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 4 de outubro
CONTACONTOS: Matapiollos Teatro
ESPECTÁCULO: "Abrapalabra"

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 4 de outubro
ARTISTA: María Noel Toledo
ACTIVIDADE:  "Instantáneas de plastilina"
*Prazas limitadas. Imprescindible inscribirse no 981 628 507

Salvo indicación, todos os actos terán lugar ás 18,30 h.


Recomendacións en Radioleiros: 27 de outubro

- Xuvenil (de 12 a 14 anos):
Punto de lectura

Con so 16 anos a Tiuri encárganlle a perigosa misión de entregar urxentemente unha misteriosa carta ao rei Unawen. A partir dese momento a súa vida corre perigo.


- Moz@s e Adult@s:
Debate
Biografía de Steve Jobs, o creador de Apple.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

23/9/13

Hora do Conto e Ler conta moito: semana do 23 ao 27 de setembro

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso". Dorneda
Luns 23 de setembro*
ARTISTA: María Noel Toledo
ACTIVIDADE: "Instantáneas de plastilina" 

*Prazas limitadas. Imprescindible inscribirse no teléfono 981 626 638

Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 24 de setembro
CONTACONTOS: Carmen Domech

ESPECTÁCULO: “Contacontos de libros contentos”


Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Martes 24 de setembro
CONTACONTOS: Expresión Produccións

ESPECTÁCULO:  “Contos para todos”

Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 25 de setembro
CONTACONTOS: O fogueteiro

ESPECTÁCULO: “O libro animado”

Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Mércores 25 de setembro*
ARTISTA: Compañía Larraitz

ESPECTÁCULO: “Títeres nas mans”

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 27 de setembro
CONTACONTOS: Matapiollos Teatro

ESPECTÁCULO: “Abrapalabra”

Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 27 de setembro
CONTACONTOS: Fátima Fernández
TÍTULO: "As dúbidas dos animais”